O Belén Artesanal de Valga é a maior representación belenística de Galicia, construída polos veciños do concello e recoñecida como Festa de Galicia de interese turístico. Móntase desde 1995Na súa orixe colocábase no salón de plenos do concello. En anos seguintes foi cambiando de lugar de exposición ata que, finalmente, estableceuse nun local propio e definitivo. e o número de visitantes nos últimos anos calcúlase nuns 40.000 cada ano.
Con máis de 4.500 figuras, das que máis de 300 están animadas, repartidas sobre uns 400 m2, o Belén de Valga representa non só o clásico nacemento senón a vida tradicional dunha aldea galega típica, incluíndo escenas populares e cotiás, e diversos elementos actuais que tiveran sona en Galicia ou no resto de España. A iluminación remeda ritmicamente o paso do día e a noite.
É visitable -de balde- desde o primeiro domingo de decembro ata o segundo domingo de xaneiro. Logo, desde xaneiro ata setembro (que comeza a montaxe do novo Belén) tamén é visitable, pero previa cita.
Escenas do Belén Entre as imaxes típicas do Nacemento están a Anunciación; o Portal, con Xosé, María e Xesús recibindo os presentes dos pastores e dos Reis Magos; e o castelo de Herodes, ante o que tamén pasan os Reis.
A vida rural galega represéntase con escenas de traballo arando a terra, segando a herba ou sachando na horta, o coidado do gando, a malla, a mata do porco, un lagar e un alambique para facer augardente, unha escola, o lavadoiro, o baile na praza maior, tabernas nas que os veciños beben e xogan ás cartas e ó dominó, e mesmo un pulpeiro. Tamén se representan diversos oficios, como o carniceiro, dentista, afiador, carpinteiro, ferreiro, oleiro e outros. Ó lonxe, aparece a Santa Compaña. A aldea tamén está presente en casas, igrexas, muíños, piornos, fontes etc., sen faltar un espazo para un parque biosaudable ou unha botica.
miniatura|300px|A Bela Otero; á esquerda Castelao, Camilo José Cela e, sentado, Cunqueiro As figuras representan tanto persoas anónimas como persoeiros identificables, como a valguesa Bela Otero bailando no seu escenario ou unha conversa entre Castelao, Cunqueiro, Rosalía e Cela ó redor dunha mesa do xardín. Non faltan tampouco escenas propias do concello de Valga e das terras próximas: as procesións relixiosas das distintas parroquias, a novillada celebrada no contexto da Festa da Xuventude, as escavacións arqueolóxicas de Igrexa Vella (en Cordeiro), a homenaxe á asociación de veciños de Vilarello (tamén en Cordeiro), a representación da batalla en Casal do Eirixo (o 27 de abril de 1809) na Guerra de Independencia española, os muíños de Catoira ou a figura do propio alcalde José María Bello Maneiro. Tamén se lle fai unha homenaxe a José Burés o Rato, veciño de Valga que en 2013 doou un cento de apeiros agrícolas ó concello.
A todos estas escenas tradicionais tamén se unen outras de total actualidade, tanto galega como española. Así, o Belén contou no seu momento cunha representación da Catedral de Santiago, co Papa Francisco no Obradoiro rodeado de rapaces e peregrinos (e mesmo co seu vello Renault 4); un plató do programa da TVG Luar, coa presenza de Gayoso, Mucha e Nucha; o Hospital Comarcal do Salnés e unha lembranza ós ERE de Andalucía. Tamén houbo unha homenaxe ás vítimas do accidente do Alvia en Angrois, co tren baixo a ponte na que saíu das vías; así como ás vítimas da DINA de Valencia (en outubro de 2024). Incluso puido verse ó presidente Feijoo no momento de comunicar a declaración do Bélén como Festa de Interese Turístico, ou os actos trala morte da raíña Isabel de Inglaterra e a coroación do seu fillo Carlos III.
Entre as escenas nacionais representouse o plató de El Hormiguero (con Pablo Motos entrevistando a Santiago Segura) e outro co parladoiro de "Sálvame Deluxe", a peineta de Bárcenas á súa chegada a Barajas (en 2013) e mesmo a Urdangarin co seu maletín do caso Noos. No alto dun monte pode verse a silueta dun Touro de Osborne. Noutros anos foron moi soados o roubo do Códice Calixtino (en 2011), a voda da Duquesa de Alba (2011), a selección nacional de fútbol, os negacionistas da Covid ou os debates electorais.
É tradición agochar entre as figuras unha que representa a un personaxe famoso, do que non se dá ningunha información. Os visitantes que cren identificalo participan nun concurso e o ganador recibe unha figura do Belén a modo de premio.
Nun lateral do Belén exponse outro, de pequeno tamaño e destinado ó público infantil, no que se inclúen as figuras dos Simpsons, SpongeBob SquarePants ou Peppa Pig.
Cuestións técnicas miniatura|300px|O Presidente Feijóo A montaxe do Belén comeza xa en setembro, a cargo da Asociación Amigos do Belén de Valga. Tódalas figuras, casas e obxectos son artesanais, feitas á man, sen comprar ningún elemento.O carácter artesanal é o sinal de identidade do Belén. As figuras (homes, mulleres, vacas, cabalos, galiñas, cans, gaivotas e mesmo un peto nun piñeiro) fanse con arame, papel de periódico e pasta de modelar e vístense con retrincos de tea cedidos polos veciños. As construcións fanse de madeira, barro e pedra, iluminadas por unhas 8.000 lámpadas; e para mover as 300 figuras animadas úsanse mecanismos de todo tipo, como motores de limpaparabrisas, cepillos de dentes eléctricos e outros sistemas. Tódolos anos modifícase a montaxe, a distribución, os decorados, as escenas (relixiosas ou non) e moitos dos personaxes, de xeito que o Belén é diferente cada ano.
Festa de interese turístico O pasado 31 de outubro de 2013, o Consello da Xunta de Galicia declarou o Belén Artesanal en Movemento de Valga como Festa de Galicia de Interese TurísticoResolución de 5 de novembro, en DOG nº 217, de 13.11.2013. Este recoñecemento baséase no seu tamaño e o elevado número de visitantes, así como no carácter popular e participativo da súa montaxe. Tamén se valorou o feito de manter a tradición belenística e os valores formativos ó representar e mostrar oficios xa desaparecidos.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Turismo.gal Colección de fotografías en La Voz de Galicia, 2.12.2013 Vídeo
Categoría:Nadal Categoría:Valga Belén