miniatura|dereita|Prim foi nomeado presidente do Goberno tras gañar as eleccións xerais de 1869. As eleccións xerais de España de 1869 foron convocadas para o 15 de xaneiro de devandito ano baixo sufraxio universal masculino. Foron as primeiras realizadas trala revolución de 1868, encabezada polos xenerais Juan Prim e Francisco Serrano Domínguez que supuxo a abdicación de Isabel II e o fin do goberno de Narváez, xefe do Partido Moderado. Realizáronse durante o Goberno Provisional de 1868-1871, primeiro período do Sexenio Democrático.

En total foron elixidos 352 deputados, separadamente dos 11 de Porto Rico e 18 de Cuba. O xeneral Prim encabezou unha coalición monárquica formada polo Partido Progresista, a Unión Liberal e os demócratas "cimbrios", que gañou as eleccións. O sector republicano maioritario no Partido Demócrata, que o refundara baixo o nome de Partido Republicano Democrático Federal, e que estaba encabezado por Pi i Margall, Nicolás Salmerón e Emilio Castelar, obtivo un bo resultado. Tamén se presentaron os carlistas, aínda que non obtiveron os resultados que esperaban.

Foi nomeado presidente do Congreso dos Deputados o demócrata "cimbrio" Nicolás María Rivero, que foi substituído o 18 de xaneiro de 1870 polo progresista Manuel Ruiz Zorrilla.

O xefe de goberno foi o xeneral Prim ata que foi asasinado o 27 de decembro de 1870, tras conseguir a aprobación da Constitución de 1869 (214 votos contra 55) e a elección como rei de España de Amadeo de Savoia. O almirante Juan Bautista Topete e Serrano organizaron o goberno ata que se convocaron novas eleccións en marzo de 1871, que foron as primeiras do reinado de Amadeu I.

Composición do Congreso dos Deputados ← Eleccións xerais en España, 15 de xaneiro de 1869 → Partido Escanos Líder Coalición Progresista-Liberal Partido Progresista Unión Liberal Demócratas "cimbrios" 236 Juan Prim Partido Republicano Democrático Federal 85 Francesc Pi i Margall Comunión Católico-Monárquica 20 Carlos María de Borbón Independentes de dereitas 3 José Ramón Bugallal Muñoz Outros 8

Deputados galegos miniatura|200px|Eugenio Montero Ríos, deputado por Pontevedra. miniatura|200px|Constantino Ardanaz Undabarrena, deputado por Lugo. Os deputados que obtiveron un escano no Congreso polos distritos galegos nestas eleccións foron:Os distritos aparecen englobados dentro da provincia correspondente A Coruña Juan Armada Valdés José Joaquín Barreiro Ferro Fernando Calderón Collantes Pedro Calderón de la Barca Herce y Collantes Daniel Carballo Cousido Blas García de Quesada Eduardo Gasset y Artime Juan Montero Telinge Julián Obaya y Lloreda José Pardo Bazán y Mosquera José Vicente Rivero Zapico Gaspar Rodríguez y Rodríguez Antonio Romero Ortiz

Lugo Constantino Ardanaz Undabarrena Manuel Becerra Bermúdez José María de Beranger y Ruiz de Apodaca Mariano Cancio Villaamil Rafael Coronel y Ortiz Juan Paradela Sánchez Manuel Quiroga Vázquez Manuel Sánchez Guardamino Augusto Ulloa Castañón Valentín Vázquez Curiel Ignacio Timoteo Yáñez de Rivadeneira Quitián

Ourense Tomás Carretero Sánchez Luis Diéguez Amoeiro Alejandro González Olivares Antuñano Demetrio Macía Castelo Adolfo Merelles Caula Tomás María Mosquera García Julián Pellón Rodríguez Nicolás Soto Rodríguez

Pontevedra Saturnino Álvarez Bugallal Joaquín Baeza y Nieto José Elduayen Gorriti Alejandro Marquina Álvarez Pedro Mateo Sagasta y Díaz Antoniana Eugenio Montero Ríos Francisco Antonio Riestra Villaure Luis Rodríguez Seoane Leoncio Rubín y Oroña Joaquín Vázquez de Puga y Torres

Notas

Véxase tamén Outros artigos Amadeu I de España Juan Prim

Ligazóns externas Resultados das eleccións. Deputados electos, no histórico do Congreso dos Deputados.

1869 Categoría:1869