Didio Riobó Bustelo, nado en Bueu en 1888 e finado na illa de Ons o 3 de outubro de 1936, foi un médico e político galego.
Traxectoria Fillo de Manuel Riobó Guimeráns. Fundou a Agrupación Republicana Radical de Bueu e foi concelleiro de Bueu durante a Segunda República. Desde 1931 instalouse na illa de Ons (que herdou á morte do seu pai en 1933) e intentou mellorar a vida dos colonos das illas, introducindo unha escola (hoxe o Centro de Visitantes) e facendo repoboación forestal. Ao iniciarse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi acosado polos falanxistas, o que o levou a aforcarse na illa o 3 de outubro de 1936.El Pueblo Gallego, 7-10-1936, p. 10.Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 4-10-1936, p. 2.
Audiovisual O documental A illa de Don Didio (Xosé Cermeño, Marta Lemos, 2008) céntrase na historia da illa de Ons e da familia Riobó, e en particular na vida e morte tráxica de Didio Riobó. Tamén aborda o abandono da illa polos seus habitantes a partir dos anos 70 cando pasou a pertencer ao Estado español, describindo as dificultades da vida na illa nesa época.
Vida persoal
Casou con María Antonozzi. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas "Islas: Ons y el doctor Didio Riobó" Diario de un médico de guardia Celestino Pardellas de Blas: "Ons: Riobó, unha historia un estudo" Faro de Vigo, 19/12/2010. "El último señor de Ons" Faro de Vigo, 31/12/2009 .
Categoría:Médicos de Bueu Categoría:Concelleiros de Bueu Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Nados en Bueu Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Suicidios en 1936 Categoría:Suicidas de Galicia Categoría:Aforcados