Ariel Arnaldo Ortega, máis coñecido como Burrito Ortega, nado o 4 de marzo de 1974 en Ledesma, Provincia de Jujuy (Arxentina) é un exfutbolista que xogaba nas demarcacións de centrocampista e dianteiro.

Traxectoria Formado nas categorías inferiores debutou co primeiro equipo de River Plate o 14 de decembro de 1991, facéndose rapidamente cun oco no primeiro equipo e chegando a formar unha das mellores dianteiras do momento xunto a Enzo Francescoli e Hernán Crespo.

En 1997 emigra a Europa fichado polo Valencia CF, porén as malas relacións co adestrador fan que so milite no equipo valenciano unha tempada, sendo traspasado ao UC Sampdoria onde tamén estivo só un ano, ao volver a River Plate no ano 2000.

Dous anos máis tarde foi traspasado ao Fenerbahçe SK, pero incumpriu o seu contrato e en 2003 volveu á Arxentina, polo que ante a denuncia do club turco foi inhabilitado para a competición oficial. Un ano despois o club arxentino CA Newell's Old Boys negociou co Fenerbahçe e conseguiu arranxar a situación e fichar ao xogador.

No ano 2006 volveu outra vez a River, alcanzando un gran nivel e sendo un dos mellores xogadores do país. O ano 2008 pasouno cedido no Independiente Rivadavia a causa de problemas persoais, ao cabo do mesmo volveu a Buenos Aires para volver saír cedido a All Boys en 2011. Unha vez finalizada a segunda cesión River Plate ofreceulle formar parte do equipo técnico pero declinou a oferta e xogou un último ano no Defensores de Belgrano da terceira división arxentina.

Na Selección da Arxentina Foi convocado por primeira vez coa selección en 1993 nun encontro amigábel contra Alemaña. Nos seus 87 encontros coa selección disputou tres Mundiais: Estados Unidos 1994, Francia 1998 e Corea e o Xapón 2002.

Tras anos sen ser convocado, dende a suspensión da FIFA, en 2010 foi convocado polo por aquel entón adestrador do equipo Diego Armando Maradona, para xogar un último encontro coa selección.

Palmarés Títulos nacionais TítuloClubPaísAnoTorneo AperturaRiver Plate Arxentina1991Torneo AperturaRiver Plate Arxentina1993Torneo AperturaRiver Plate Arxentina1994Torneo AperturaRiver Plate Arxentina1996Supercopa de ItaliaParma FC Italia1999Torneo ClausuraRiver Plate Arxentina2002Torneo AperturaNewell's Old Boys Arxentina2004Torneo ClausuraRiver Plate Arxentina2008

Títulos internacionais TítuloClubPaísAnoCopa LibertadoresRiver Plate Arxentina1995

Véxase tamén Ligazóns externas Estadísticas do xogador coa selección na páxina da FIFA Estadísticas do xogador en competición oficial Traxectoria do futbolista

Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados na provincia de Jujuy Categoría:Futbolistas olímpicos da Arxentina Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do CA River Plate Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Xogadores do UC Sampdoria Categoría:Xogadores do Parma FC Categoría:Xogadores do Fenerbahçe Categoría:Xogadores do CA Newell's Old Boys Categoría:Xogadores do CS Independiente Rivadavia Categoría:Xogadores do All Boys Categoría:Xogadores do CA Defensores de Belgrano Categoría:Xogadores da selección de fútbol da Arxentina Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Medallistas olímpicos de prata pola Arxentina Categoría:Medallistas olímpicos en fútbol Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1994 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1998 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2002