José Maciñeira González, finado en Ortigueira en xaneiro de 1905, foi un político galego.
Traxectoria
En outubro de 1883 era escribano do xulgado de instrución de Ortigueira. En novembro de 1894 foi designado inspector do timbre pola delegación do goberno no arrendamento de tabicaos.
Fundou en 1899 o periódico El Faro de Ortegal, impreso na imprenta do betanceiro Ángel Amenedo Ponte, primeiro periódico editado en Ortigueira. Foi alcalde de Ortigueira (1886-1888 e 1894-1895) e deputado provincial polo distrito de Ferrol-Ortigueira; neste último posto cesou, xunto con outros tres deputados do distrito, en febreiro de 1903, se ben no mes seguinte, foron reelexidos os 4, de acordo coa lei electoral, ao non haber outros candidatos.
Finou en Ortigueira a finais de xaneiro de 1905.El Correo Gallego, 30-1-1905, p. 1.
Vida persoal
Fillo de Diego Maciñeira e Josefa González, casados en Espasante (Ortigueira). Era irmán de Vicente Maciñeira González (falecido en Ladrido en 1912), pai do historiador, arqueólogo e político Federico Maciñeira Pardo de Lama (1870-1943).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Alcaldes de Ortigueira Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración
Categoría:Deputados provinciais da Coruña
Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1905