Xácome é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o hebreo יַעֲקֹב Ya'aqôbh, que no libro da Xénese é o nome do fillo de Isaac e Rebeca. En galego tamén ten as variantes Xacob, Xacobe, Xaime, Santiago e Iago.

En xaneiro de 2023 existían 6 varóns en Galicia co nome Xácome, cunha media de idade de 34,8 anos.Nome Xácome na Web do Instituto Galego de Estatística

Uso do nome A forma galega antiga máis documentada é Xácome (grafado en galego antigo: Jácome) como aparece nun documento medieval de 1291 como apelido: Pedro Jacome, e como prenome en 1488: Jacome Notario, en 1467: Jacome Romeu, e en 1491: Jacome de Sanjurjo.

Nun documento medieval galego de 1291 xa aparecía o apelido Jácome: Pedro Jacome, e como nome en 1488: Jacome Notario e en 1467: Jacome Romeu.

Xosé Díaz Jácome, nado en Mondoñedo en 1910 foi un xornalista e escritor galego. O Concello de Mondoñedo e a Fundación Caixa Galicia convocan anualmente desde 2000 o premio de poesía Díaz Jácome para novos creadores co obxectivo de estimular a creación poética entre a xente nova.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega

Categoría:Nomes masculinos de orixe hebrea Categoría:Nomes masculinos galegos