Carlos Manuel Da Silva Freire, nado en Sintra o 18 de abril de 1959, é un exfutbolista portugués máis coñecido como Carlos Freire, que xogaba na demarcación de dianteiro.
Traxectoria Tras unha ampla traxectoria no fútbol portugués, no que foi dúas veces campión de liga e outras dúas de Copa, firmou polo Celta de Vigo o 5 de agosto de 1986 de cara a tempada 1986/87, na que o obxectivo do equipo era o ascenso a Primeira División. No Celta formou dianteira con Pichi Lucas e Baltazar.
Na primeira parte da tempada tivo un bo papel aínda que non chegou a asentarse no equipo, xogando 17 encontros, polo que a mediados de febreiro de 1987 equipo e xogador chegan ao acordo de rescindir o contrato para deixar libre unha praza de estranxeiro, praza que ocuparía Jimmy Hagan.
Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en Sintra Categoría:Futbolistas de Portugal Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Sporting Clube de Portugal Categoría:Xogadores do Vitoria FC Categoría:Xogadores do Portimonense SC Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do GD Estoril Praia Categoría:Xogadores do SC Beira-Mar Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Portugal Categoría:Personalidades sen imaxes