Bornalle é un lugar pertencente á parroquia de Abelleira no concello coruñés de Muros, na comarca de Muros. Segundo o padrón municipal elaborado polo INE para 2024 contaba con 110 habitantes (59 homes e 51 mulleres). Na actualidade trátase do lugar máis poboado da parroquia. Xeografía O lugar de Bornalle atópase na zona costeira da parroquia de Abelleira, dando nome á enseada que forma o río Rateira ao desembocar na ría. Está composto principalmente por un núcleo compacto de vivendas de rúas estreitas, estando prohibida a circulación de vehículos aos non residentes. Este núcleo ten como nota característica a presenza de numerosos hórreos.

Lugares e parroquias Lugares de Abelleira

Parroquias de Muros

Categoría:Lugares de Muros