dereita|miniatura|Luisa de Prat Gandiola, cadro de Vicente López Portaña (c. 1845).

Daniel Carballo Cousido, nado na Coruña o 14 de marzo de 1824 e finado en Madrid o 29 de decembro de 1889Necrolóxica en La Correspondencia de España, 4-1-1890, p. 4., foi un xornalista e político galego.

Traxectoria

Fillo de Tomasa Cousido, de Pontedeume, e de Tomás Carballo Casado, de Tioira (Maceda).

Comezou a súa formación na Coruña e despois foi estudar leis á Universidade de Santiago de Compostela. En 1846 instalouse en Madrid, dedicándose ao xornalismo. Foi redactor do Boletín Oficial del Ministerio de Comercio e do periódico El Fomento e director do periódico madrileño La Nación. Militou na Unión Liberal, foi elixido deputado polo distrito da Coruña en 1854 e 1858, polo distrito de Xinzo de Limia en 1865, novamente polo da Coruña en 1869, polo de Betanzos en 1871 e 1872 e polo distrito de Ortigueira en 1876 e 1879. Foi director xeral de Sanidade (1865) Gobernador civil de Madrid, Director Xeral de Facenda e das Minas de Río Tinto en Huelva.

Vida persoal

Casou coa zaragozana Luisa de Prat Gandiola, marquesa de Barbançon.

Recoñecementos

Polos logros obtidos para a cidade da Coruña, a Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos presidida por José Soto González construíulle un monumento nos Xardíns de Méndez Núñez da autoría de Agustín Querol, que se inaugurou o 30 de agosto de 1896.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Ficha no Congreso do Deputados

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Gobernadores civís de Madrid Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1824 Categoría:Finados en 1889 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Tradutores do francés Categoría:Tradutores ao castelán Categoría:Profesores do Instituto Masculino de Lugo