José María Abeijón Sánchez, nado en Ordes o 16 de novembro de 1913 e finado en Negreira o 10 de xuño de 1972, foi un político galego.
Traxectoria Antes do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cobrador de contribucións. Foi nomeado alcalde de Negreira en 1942, permanecendo no cargo até 1967. Foi deputado provincial. En novembro de 1967 foi elixido procurador en Cortes como representantes de Municipios da provincia da Coruña. Cesou como procurador en Cortes en 1971. Finou en Negreira o 10 de xuño de 1972.La Voz de Galicia, 11-6-1972, p. 4, 25.
Vida persoal
Casou con Lourdes Caamaño Pose e foi pai de María Lourdes, José, María Jesús e Santiago Abeijón Caamaño.La Voz de Galicia, 8-6-1973, p. 25. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Alcaldes de Negreira Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados en Ordes Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1972 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes