Luís Rubido Ramonde, nado en Cedeira en 1955, é un avogado e político galego do PPdeG.
Traxectoria É licenciado en Dereito e compatibiliza a avogacía coa asesoría de empresas ademais da vicepresidencia do consello executivo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. Foi nomeado alcalde de Cedeira o 26 de decembro de 2013 en substitución do seu irmán logo da renuncia deste. Vida persoal
É irmán do xornalista Bieito Rubido e do político Leopoldo Rubido, que o antecede na alcaldía.
Véxase tamén Outras páxinas Eleccións municipais en Cedeira
Categoría:Alcaldes de Cedeira Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Cedeira Categoría:Nados en 1955 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes