Vágner Rogério Nunes, nado o 19 de marzo de 1973 en Baurú, Brasil, é un exfutbolista que xogaba na demarcación de centrocampista.
Traxectoria Comezou a destacar en equipos brasileiros como o Paulista FC, União São João EC ou Santos FC, antes de probar en Europa no AS Roma. Porén non duraría moito no equipo italiano, volvendo a Brasil ao CR Vasco da Gama. Un ano despois volveu tentalo en Europa, foi cando fichou polo Celta de Vigo.
Chegou a Vigo de cara a tempada 2000/01, inmerso en competicións europeas e nun dos mellores momentos da súa historia. Militou no Celta catro tempadas, disputando 88 encontros e anotando 6 goles, chegando a disputar a Liga de Campións. Deixou o equipo tralo descenso de 2004.
Tras deixar Galiza volveu a Brasil, para retirarse xogando no Atlético Mineiro no ano 2005. Ten dous fillos nacidos en Vigo, Alexandre e Uxía.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do xogador en bdfutbol.com Biografía no blog yojugueenelcelta.com
Categoría:Nados en Bauru Categoría:Nados en 1973 Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Futbolistas do Brasil Categoría:Xogadores do Paulista FC Categoría:Xogadores da União São João EC Categoría:Xogadores do Santos FC Categoría:Xogadores do AS Roma Categoría:Xogadores do Vasco da Gama Categoría:Xogadores do São Paulo FC Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Clube Atlético Mineiro Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Brasil