David Goldar Gómez, nado en Romai (Portas) o 15 de setembro de 1994, é un futbolista galego. Xoga na demarcación de defensa central no Pafos CF de Chipre.
Traxectoria Tras pasar polo Vilagarcía SD e a AJ Lérez formouse nas categorías inferiores do Celta de Vigo, e foi capitán do equipo na categoría de xuvenil en División de Honra. No ano 2013 pasou a formar parte do equipo do Celta de Vigo B, e debutou co primeiro equipo o 3 de maio ante o CA Osasuna.
O 15 de xuño de 2017 anunciouse a súa fichaxe polo Pontevedra CF.
Notas
Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Portas Categoría:Futbolistas da provincia de Pontevedra Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores da SD Ponferradina Categoría:Xogadores do Pontevedra CF Categoría:Xogadores da UE Cornellà Categoría:Xogadores do Gimnàstic de Tarragona Categoría:Xogadores da UD Ibiza-Eivissa Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes