Pantalone é unha máscara veneciana e un personaxe da Commedia dell’arte. Orixe Pantalone nace en Venecia a mediados do século XVI, representando o típico comerciante, vellouqueiro, avarento e luxurioso; a súa orixeKatritzky, M.A. (2006) The Art of Commedia: A Study in the Commedia Dell'Arte 1560-1620 with Special Reference to the Visual Records Rodopi, p. 92 está no personaxe do Magnifico que recitaba co seu servo Zanni creando un contraste cómico moi exitoso, como no canto carnavalesco de Anton Francesco Grazzini De' Zanni e de' Magnifichi (1559).
A figura miniatura|Giandomenico Tiepolo, máscara do carnaval de Venecia con Pantalone.
A figura e a tipoloxía do personaxe de Pantalone derivan directamente da do comerciante veneciano do século XVI, unha longa zamarra negra que cobre uns calzóns longos de cor vermella axustados ás pernas e cinxido ata os xeonllos como se poden ver representados en obras de numerosos pintores venecianos renacentistas como Vittore Carpaccio, Jacopo Bellini e seu fillo Giovanni, Veronese etc.
Un dos primeiros actores da Commedia dell'Arte en actuar caracterizado de comerciante veneciano foi o célebre Giulio Pasquati de Padua, integrado na máis famosa compañía cómica de principios do XVII, a Gelosi. En orixe Pantalone, como Arlequín, saía a escena só cos calzóns vermellos, baril e agraciado, a máscara negra co nariz curvo, unha barba cabrúa, e un cinto no que pendura unha bolsa con diñeiro e un pequeno puñal con dobre gume, clásica ferramenta de comerciantes e artesáns locais, denominado pistolese.
O carácter
O carácter de Pantalone está enteiramente baseado nos cartos e o ego, un vello vicioso que persegue ás mulleres pero que sempre é rexeitado, fachendoso considérase de intelixencia brillante, pero que a cada paso convértese en albo de toda clase de bromas e enganos. A pesar do seu carácter sinistro e o tratamento inhumano que lle dá aos que o rodean, Pantalone é unha parte fundamental da comedia, frecuentemente aparecendo xa desde o comezoAllardyce Nicoll: The World of Harlequin, a Critical Study of the Commedia Dell'arte, p.44, e converténdose nunha das máscaras máis lonxevas da Commedia dell'Arte. Superou a reforma da comedia que supuxo a obra de Carlo Goldoni, aínda que perdeu o aspecto máis cómico para se aproximar ao pai arisco e avaro como aparece en I rusteghi e Sior Todero brontolon, chegando ao drama burgués como un máis realista pai de familia que xa non se expresa en veneciano.
miniatura|O pantalone Giulio Pasquati.|centro
Pantaloni famosos Vincenzo Botanelli Giacomo Braga Giuseppe Albani Pietro Alborghetti Antonio Matteuzzi Giovan Battista Turri Cesare D'Arbes Notas
Categoría:Historia do teatro Categoría:Comedia