miniatura|200px|O Presidente do Consello de Ministros: Práxedes Mateo Sagasta. As Eleccións xerais do 27 de marzo de 1898 en España foron convocadas na minoría de idade de Afonso XIII, sendo rexente a súa nai, María Cristina de Habsburgo-Lorena. A súa base legal foi a Constitución española de 1876, vixente ata 1931, que define a época histórica coñecida como Restauración borbónica en España.

Antecedentes thumb|180px|right|Afundimento do USS Maine. En base ao Pacto do Pardo de 24 de novembro de 1885, queda instituído o sistema de quendas pacíficas en exercicio do poder entre liberais e conservadores, que consolidou a Restauración ata finais do século XIX e principios do XX.

O 26 de xuño de 1890 o goberno liberal-fusionista reimplanta oficialmente o sufraxio universal na lexislación electoral.

Cánovas del Castillo foi asasinado o 8 de agosto de 1897, no balneario de Santa Águeda, no municipio de Arrasate, Guipúscoa, polo anarquista italiano Michele Angiolillo.

O estoupido do buque estadounidense Maine o 15 de febreiro de 1898 desatou a Guerra Hispano-Americana.

Características O 4 de marzo de 1898, seguindo o proceso de normalización conforme ao pactado entre as principais forzas políticas, procedeuse á disolución das Cámaras e á convocatoria de eleccións lexislativas.

Descoñécese o número de votantes nestas eleccións, todos varóns maiores de 25 anos de idade (sufraxio universal masculino). Elixíronse 401 deputados o día 27 de marzo de 1898.

Por mor da Guerra Hispano-Estadounidense trala cal Cuba e Porto Rico deixaron de formar parte de España, estas foron as últimas eleccións nas que houbo representación destas provincias no Congreso dos Deputados.

Composición do Congreso dos Deputados ← Eleccións xerais en España, 27 de marzo de 1898 → Partido Escanos Líder Partido Liberal 272 Práxedes Mateo Sagasta Unión Conservadora 82 Francisco SilvelaFusión Republicana 18 Nicolás Salmerón Conservadores Tetuanistas 9 Carlos O'Donnell y Álvarez de Abreu Partido Liberal Reformista 6 Francisco Romero Robledo Comunión Tradicionalista 6 Marqués de Cerralbo Católicos independentes 1 Marqués de Santillana Independentes 6

Resultados nas circunscricións galegas A Coruña miniatura|200px|O deputado Juan Fernández Latorre. A provincia da Coruña contaba con 14 deputados repartidos en distritos electorais Santiago de Andrés Moreno y García Juan Armada Losada Enrique Fernández Alsina Juan Fernández Latorre Manuel García Prieto Eduardo Gasset Chinchilla Rafael Gasset Chinchilla Benito María Hermida Verea Aureliano Linares Rivas Daniel López López Antonio del Moral López José Ortega Munilla Felipe Romero Donallo Fernando Villaamil y Fernández Cueto

Lugo miniatura|200px|Guillermo Joaquín de Osma y Scull. A provincia de Lugo contaba con 11 deputados repartidos en distritos electorais: Fernando Cos Gayón y Pons Francisco Dorado López de Zarate Vicente Martínez Bande Cándido Martínez Montenegro Francisco Martínez y González Bengoechea Guillermo Joaquín de Osma y Scull Pegerto Pardo Balmonte Casimiro Pérez García Benigno Quiroga López Ballesteros Vicente Quiroga Vázquez Nicolás Vázquez de Parga y de la Riva

Ourense miniatura|200px|Gabino Bugallal Araujo. A provincia de Ourense tiña 9 deputados repartidos en distritos electorais: Gabino Bugallal Araujo Senén Canido y Pardo Aurelio Enríquez González Luis Espada Guntín Álvaro López de Carrizosa y de Giles Álvaro López Mora Adolfo Merelles Caula Vicente Pérez y Pérez Marcial Taboada de la Riva

Pontevedra

A provincia de Pontevedra tiña 13 deputados repartidos en distritos electorais: Antonio Aguilar y Correa Carlos María Cortezo y Prieto Antonio Díaz de Rábago y Aguiar Ángel Elduayen y Mathet Francisco de Federico y Martínez Raimundo Fernández Villaverde y García Rivero Bernardo Mateo Sagasta Echeverria Alejandro Mon y Landa Eugenio Montero y Villegas Ezequiel Ordóñez González Martín de Rosales y Martel Ángel Urzaiz y Cuesta Eduardo Vincenti Reguera

Notas

Véxase tamén Outros artigos Restauración borbónica en España Guerra hispano-estadounidense

Ligazóns externas Resultados das eleccións Histórico de Deputados

1898 Categoría:1898