Mel de abellón é unha novela de Torgny Lindgren, publicada por vez primeira en 1995 co título orixinal en lingua sueca de Hummelhonung.
Trama Unha escritora, logo de dar unha charla nunha vila de Västerbotten, no norte de Suecia, remata vivindo nunha aldea illada cun home ancián que a vai recoller. O home, Hadar, ten un irmán chamado Olof que vive noutra casa a unha curta distancia, pero os irmáns evítanse como á peste e levan moitos anos sen teren contacto. Doentes os dous, a súa única esperanza é sobrevivir ó outroGradvall, Jan; Nordström, Björn; Nordström, Ulf; Rabe, Annina (2009): Tusen svenska klassiker. Norstedts Förlagsgrupp. ISBN 978-91-1-301717-4 .. O único modo que ten Hadar para saber que Olof segue vivo é ver se sae fume da súa cheminea.
A chegada da escritora convértese en catalizador: os irmáns comezan a desvelarlle o seu pasado, e ao tempo ela sérvelles de canle de comunicación por primeira vez en décadas, aínda que sexa de forma indirecta.
Adaptacións A novela foi adaptada a ópera en 2001 por Carl Unander-Scharin. Foi traducida ao galego por Marta Dahlgren, publicada en 2013 pola Editorial Hugin e Munin.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na web da editorial.
Categoría:Obras literarias de 1995 Categoría:Novelas en sueco Categoría:Novelas ambientadas en Suecia Categoría:Obras traducidas do sueco ao galego