As eleccións xerais de España de 1920 foron convocadas para o 13 de decembro de 1920 e celebradas baixo o sufraxio universal masculino.
Ostentaba o cargo de presidente do Goberno ata a data das eleccións Joaquín Sánchez de Toca Calvo.
As eleccións estiveron marcadas pola debilidade extrema do sistema político e a gran conflitividade social debido á guerra do Rif e os disturbios en Barcelona. O Partido Conservador estaba dirixido nese momento por Eduardo Dato, mentres o Partido Liberal estábao por Manuel García Prieto.
A maioría conservadora permitiu que os principais líderes dese partido ocupasen as principais maxistraturas do Estado. José Sánchez Guerra foi nomeado presidente do Congreso dos Deputados e Joaquín Sánchez de Toca y Calvo foi o presidente do Senado. O xefe do goberno foi Eduardo Dato.
Entre 1920 e 1921 endureceuse a violencia anarquista en Barcelona, o que derivou na represión militar do xeneral Severiano Martínez Anido, gobernador militar da cidade, e ao fin, co asasinato do presidente Dato o 8 de marzo de 1921. Dato foi substituído por Manuel Allendesalazar, un conservador ciervista, quen abandonou o goberno en xullo dese mesmo ano polo Desastre de Annual. Formouse entón un goberno de concentración nacional entre os conservadores, os liberais de Romanones e a Lliga Regionalista dirixido por Antonio Maura, cuxa finalidade residía en ocuparse do problema marroquí. José Sánchez Guerra formou un novo goberno en marzo de 1922 con apoio da maioría de conservadores e mauristas xunto á Lliga, aínda que foi destituído por orde de Afonso XIII debido a que Sánchez Guerra autorizou ao Congreso a investigar o resultado do Expediente Picasso, que acusaba ao xeneral Dámaso Berenguer do Desastre de Annual. Tras isto foi nomeado presidente Manuel García Prieto.
Composición do Congreso dos Deputados miniatura|200px|Eduardo Dato miniatura|200px|Manuel García Prieto ← Eleccións Xerais en España, 13 de decembro de 1920 → Partido Escanos Líder Partido Conservador 216 Eduardo Dato Conservadores 153 Conservadores ciervistas 22 Juan de la Cierva y Peñafiel Conservadores mauristas 19 Antonio Maura Conservadores datistas 18 Eduardo Dato Conservadores independientes 4 Partido Liberal 121 Manuel García Prieto Liberal-demócratas 62 Manuel García Prieto Liberais 30 Alvaro de Figueroa y Torres Esquerda liberal 20 Santiago Alba Bonifaz Liberais agrarios 5 Rafael Gasset Chinchilla Liberais nicetistas 4 Niceto Alcalá-Zamora Lliga Regionalista 15 Francesc Cambó Partido Reformista 9 Melquíades Álvarez Partido Republicano Radical 4 Alejandro Lerroux Partido Socialista Obrero Español 4 Pablo Iglesias Posse Comunión Nacionalista Vasca 1 Partido Católico Tradicionalista 1 Juan Vázquez de Mella Agrarios 1 Partido Integrista 1 Manuel Senante y Martínez Republicanos diversos 9 Francesc LayretFrancesc Macià Outros, independentes ou indefinidos 23 Vacantes 32 Total 437
Resultados en Galicia Os deputados que resultaron elixidos en Galicia foron os seguintes:Histórico de Diputados 1810 - 1977 A Coruña Carlos Albert Despujols Juan Armada Losada Benito Blanco-Rajoy Ángel García Valerio Ricardo Gasset y Alzugaray Alonso Gullón y García Prieto José del Moral Sanjurjo Juan Moreno Tilve Eduardo O'Shea y Verdes Montenegro José María Paramés y García Barros Antonio Rodríguez Pérez Alfonso Senra Bernárdez Pedro Seoane Varela Julio Wais San Martín
Lugo Ramón Bustelo y González Joaquín Caro y Arroyo Carlos González Besada y Giráldez Felipe Lazcano y Morales de Setién José Lladó Vallés Manuel Portela Valladares Joaquín Quiroga Espín Luis Rodríguez de Viguri Leonardo Rodríguez Díaz José Sabucedo Morales José Soto Reguera
Ourense Francisco Barber Sánchez Gabino Bugallal Araujo Luis Espada Guntín José Estévez Carrera Leopoldo García Durán Roberto Pardo Ocampo Prudencio Rovira Pita Marcelino Suárez González Antonio Taboada Tundidor Luis Usera Bugallal
Pontevedra José Barreras Massó Manuel Fernández Barrón Raimundo Fernández-Villaverde Roca de Togores Wenceslao González Garra Bernardo Mateo Sagasta Echeverría Alejandro Mon Landa y Landa Mariano Ordóñez y García Vicente Riestra Calderón Manuel Sáinz de Vicuña Ángel Urzaiz y Cuesta Eduardo Vincenti Reguera
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eduardo Dato Desastre de Annual Expediente Picasso
Ligazóns externas Resultados das eleccións
Categoría:1920 1920