As eleccións xerais do 19 de maio de 1901 en España foron convocadas na minoría de idade de Afonso XIII, sendo rexente a súa nai María Cristina de Habsburgo-Lorena. A súa base legal foi a Constitución española de 1876, vixente ata 1931 na coñecida como Restauración borbónica en España.

Antecedentes En base ao Pacto do Pardo do 24 de novembro de 1885 queda instituído o sistema de quendas pacíficas en exercicio do poder entre liberais e conservadores, que consolidou a Restauración ata finais do século XIX e principios do XX.

O 26 de xuño de 1890 o goberno liberal-fusionista reimplanta oficialmente o sufraxio universal na lexislación electoral.

O 17 de novembro de 1900 María Cristina de Habsburgo-Lorena autorizaba o matrimonio da princesa de Asturias, María das Mercedes de Borbón e Habsburgo-Lorena, con Carlos de Borbón-Dúas Sicilias, pretendente carlista, esta decisión provoca graves disturbios en Madrid a principios do mes de febreiro.

O 2 de marzo de 1901 cesa Marcelo Azcárraga Palmero como presidente do Goberno de España, ocupando o seu posto novamente Sagasta.

Características O 25 de abril de 1901 seguindo o proceso de normalización conforme ao pactado entre as principais forzas políticas, procedeuse á disolución das Cámaras e á convocatoria de eleccións lexislativas.

Descoñécese o número de votantes para estas eleccións, todos varóns maiores de 25 anos de idade (sufraxio universal masculino). Elixíronse 402 deputados os días 19 de maio e 2 de xuño de 1899.

Composición do Congreso dos Deputados ← Eleccións Xerais en España, 19 de maio de 1901 → Partido Escanos Líder Partido Liberal 245 Práxedes Mateo Sagasta Partido Liberal-Conservador 84 Francisco SilvelaCoalición Republicana 14 Nicolás Salmerón Partido Liberal Gamacista 13 Germán Gamazo y Calvo Partido Liberal Reformista 8 Francisco Romero Robledo Conservadores Tetuanistas 7 Carlos O'Donnell y Álvarez de Abreu Comunión Tradicionalista 6 Matías Barrio Mier Lliga Regionalista 6 Bartomeu Robert i Yarzábal Partido Integrista 3 Ramón Nocedal y Romea Republicanos blasquistas 2 Vicente Blasco Ibáñez Liberais independentes 2 Católicos independentes 2 Unión Nacional 2 Basilio Paraíso Republicanos independentes 1 Independentes 7

Resultados en Galicia Os deputados elixidos en Galicia foron: A Coruña Calixto Amarelle y Rodríguez Juan Armada Losada Joaquín Becerra Armesto Enrique Fernández Alsina Juan Fernández Latorre Manuel García Prieto Eduardo Gasset y Chinchilla Rafael Gasset y Chinchilla Daniel López López Eugenio Montero y Villegas José Ortega Munilla Ramón Sanjurjo Neira y Pardiñas Eduardo de Torres Taboada

Lugo Enrique Abella y Casariego Luis Ballesteros y Fernández Ramón Bustelo y González Eleuterio Delgado y Martín Francisco Dorado López de Zarate Santos López Pelegrín y Bordonada Cristino Martos Llobell Andrés Avelino Montero y Villegas Guillermo Joaquín de Osma y Scull Benigno Quiroga López Ballesteros Vicente Quiroga Vázquez Nicolás Vázquez de Parga y de la Riva

Ourense Senén Canido y Pardo Eduardo Cobián y Roffignac Carlos María Cortezo y Prieto Aurelio Enríquez González Luis Espada Guntín Álvaro López Mora Adolfo Merelles Caula Vicente Pérez y Pérez Francisco Javier Ugarte y Pagés Andrés de Urzaiz y Salazar

Pontevedra Antonio Aguilar y Correa Víctor Brugada Panizo Gabino Bugallal Araujo Ángel Elduayen y Mathet Francisco de Federico y Martínez Raimundo Fernández Villaverde Augusto González Besada y Mein Bernardo Mateo Sagasta Echeverría Alejandro Mon y Landa Ezequiel Ordóñez González Ángel Urzaiz y Cuesta Eduardo Vincenti Reguera

Final da Rexencia O 17 de maio de 1902, ao cumprir os 16 anos de idade, Afonso XIII foi declarado maior de idade e asumiu as funcións constitucionais de Xefe de Estado.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Afonso XIII de España María Cristina de Habsburgo-Lorena Constitución española de 1876

Ligazóns externas Resultados das eleccións Buscador Histórico de Deputados

Categoría:1901 1901