Aladdin é un filme estadounidense de Walt Disney Pictures dirixido por Ron Clements e John Musker que se estreou en 1992. Baséase no conto "Aladino e a lámpada marabillosa" da compilación As mil e unha noites.

Sinopse Aladdin é un enxeñoso rapaz que, malia vivir nun estado de extrema pobreza, soña con casar coa fermosa filla do sultán, a princesa Jasmine. O destino intervén cando o astuto visir do Sultán, Yafar, recruta a Aladdin para que lle axude a recuperar unha lámpada máxica das profundidades da Cova das Marabillas. O mozo atopa a lámpada, na que vive un xenio que concede tres desexos a quen o libere.

Personaxes Scott Weinger como Aladdin Robin Williams como Xenio Jonathan Freeman como Jafar Linda Larkin como Princesa Jasmine Frank Welker como Abu Gilbert Gottfried como Iago Douglas Seale como O Sultán Jim Cummings como Razoul Bruce Adler como Comerciante Charlie Adler como Gazeem Hal Smith como Cabalo de Jafar

Galardóns e nomeamentos 1992: 2 Oscars: Mellor banda sonora orixinal, mellor canción. 5 nomeamentos. 1992: 3 Globos de Ouro: Mellor bso, canción, premio á dobraxe (Robin Williams). 6 nomeamentos. 1993: Premios Annie: Mellor filme. 1993: 2 nomeamentos ós BAFTA: Mellor banda sonora orixinal e efectos visuais. 1993: 3 Saturn Awards: filme de fantasía, actor secundario (Robin Williams) e actor novo (Scott Weinger).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Animación Categoría:Filmes de 1992 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Ron Clements Categoría:Filmes dirixidos por John Musker Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes baseados nas mil e unha noites Categoría:Filmes baseados en contos de fadas Categoría:Filmes ambientados en Asia Categoría:Filmes gañadores do Óscar á mellor canción orixinal