José María Vázquez Pérez, nado en Carnós (A Arnoia) en 1931, é un médico e político galego do PPdeG.

Traxectoria Foi médico na Arnoia e despois en Carballeda de Avia durante 15 anos, sendo nomeado alcalde nesta última localidade en 1971.La Región, 20-2-1971, p. 12. Pasou despois a Ribadavia en 1975.El Pueblo Gallego, 9-10-1975, p. 18. Presentouse á alcaldía de Ribadavia nas primeiras eleccións democráticas por Coalición Democrática e foi elixido alcalde grazas ó apoio dos grupos de esquerdas en detrimento da UCD, que fora a forza máis votada. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura de AP e foi a candidatura máis votada, pero sen maioría absoluta, polo que perdeu a alcaldía tras apoiar os demais grupos ó candidato de Coalición Galega Javier de Burgos Alfambra. Porén, tras presentar este último a súa dimisión en febreiro de 1984 conseguiu recupera-la alcaldía. Tras diversos enfrontamentos cos seus compañeiros non se presentou á reelección en 1987. Nas municipais de 1991 regresou como candidato do PPdeG e foi elixido alcalde co apoio de Centristas de Galicia. Porén, unha moción de censura co apoio de 2 edís de Centristas desbancouno da alcaldía o 26 de maio de 1992 en favor do socialista Miguel Fidalgo Areda.

Vida persoal

Casou con María Natividad Orozco Martínez de Cestafe.

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Eleccións municipais en Carballeda de Avia Eleccións municipais en Ribadavia

Categoría:Médicos da Arnoia

Categoría:Alcaldes de Carballeda de Avia

Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Ribadavia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados na Arnoia Categoría:Nados en 1931 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes