José Rivera Álvarez, nado na provincia de Ourense o 1 de xullo de 1901, foi un mestre e político galego.
Traxectoria Mestre na Arnoia. Afiliado a Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense. Foi detido e procesado con motivo da folga xeral revolucionaria de 1934, e condenado a prisión no Forte de San Cristovo de Pamplona. Amnistiado logo da vitoria da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, regresou á Arnoia e reincorporouse ao seu posto de traballo. Ao seu regreso á estación de Ribadavia o 25 de febreiro de 1936 constituíu unha manifestación dos partidos de esquerda e das organizacións obreiras."Ribadavia. La vuelta de un amnistiado", El Pueblo Gallego, 4-3-1936, p. 11. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído,La Zarpa, 4-8-1936, p. 2. e no proceso de depuración foi separado definitivamente do servizo.
Notas
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo
Categoría:Nados na provincia de Ourense
Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en ano descoñecido