Francisco Javier Ugarte Pagés, nado en Barcelona o 24 de febreiro de 1852 e finado en Madrid o 27 de xuño de 1919, foi un avogado e político catalán.
Traxectoria Membro do Partido Conservador, foi elixido deputado polo distrito do Carballiño nas eleccións de 1891. Nas eleccións de 1896 foi elixido polos distritos do Carballiño e Santiago de Cuba. Nas eleccións de 1898 volveu ser elixido por Santiago de Cuba. Volveu obter o escano polo distrito do Carballiño en todos os procesos electorais celebrados entre 1899 e 1903. En 1903 renunciou ao escano de deputado para ocupar unha praza no Senado ao ser nomeado senador vitalicio.
Foi ministro de Gobernación durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena entre o 23 de outubro de 1900 e o 6 de marzo de 1901 nun goberno presidido por Azcárraga co que tamén foi ministro de Graza e Xustiza entre o 16 de decembro de 1904 e o 23 de xuño de 1905. Tamén foi Fomento entre o 27 de outubro de 1913 e o 25 de outubro de 1915 nun gabinete presidido por Eduardo Dato.
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha no Senado Necrolóxica en Boletín de la Real Academia Española, Tomo VI, Cuaderno XXX, 1919, p. 665-670.
Categoría:Ministros de España Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de España Categoría:Académicos da Real Academia Española Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1852 Categoría:Finados en 1919 Categoría:Académicos de número da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas