Adriana Sofía Ugarte Pardal, nada en Madrid o 17 de xaneiro de 1985, é unha actriz española.
Traxectoria Ugarte debutou na curta Mala espina, dirixida por Belén Macías, e gañou un dos premios no Festival de curtas de Alcalá de Henares. Adriana Ugarte, que compaxinou as súas clases de interpretación e danza coa carreira de Filosofía, participou en series como Policías, en el corazón de la calle de Antena 3 ou Hospital Central en Telecinco. En 2006, con 21 anos, foi candidata ao Goya á mellor actriz revelación polo seu papel no filme Cabeza de perro, dirixido por Santi Amodeo.
Foi dous anos despois, en 2008, cando se estreou na televisión coa serie La señora (La 1) e Ugarte, que interpretou o personaxe principal, gañou popularidade. Ese mesmo ano, ademais, participou na película El juego del ahorcado, xunto a Clara Lago e Álvaro Cervantes. Despois viñeron Castillos de cartón (2010), película dirixida por Salvador García Ruiz e protagonizada xunto a Nilo Mur e Biel Durán, e Lo contrario al amor (2011), protagonizada xunto a Hugo Silva. Tamén participou na miniserie Niños robados de Telecinco, na que interpreta a Susana.
En 2013, dous anos despois de que finalizase a rodaxe, estreouse en Antena 3 El tiempo entre costuras, a serie baseada na novela homónima. Ugarte interpretou a protagonista da historia, Sira Quiroga, e a serie foi todo un éxito de audiencias.
Traxectoria Televisión El tiempo entre costuras (2013-2014) - como Sira Quiroga/Arish Agoriuq Niños robados (2013) - como Susana Guzmán Hospital Central (2011) - como Natalia del Hoyo La Señora (2008–2010) - como Victoria Márquez de la Vega Hospital Central (2002–2007) - como Adriana Medina Mesa para cinco (2006) - como Julia El comisario (2006) - como personaxe episódico El secreto del héroe (2003) Telefilme - como Olivia El pantano (2003) - como Chica ouija Policías, en el corazón de la calle (2002) - como Olga Luna
Filmografía Durante la tormenta (2018) - como Vera Roy. Combustión (2013) - como Ari Lo contrario al amor (2011) - como Merce Lo mejor de Eva (2011) Castillos de cartón (2009) - como María José El juego del ahorcado (2008) - como Olga Estocolmo (2008) - como Sol El patio de mi cárcel (2007) Gente de mala calidad (2007) - como Eva Cabeza de perro (2006) - como Consuelo
Teatro El gran teatro del mundo (2013) La casa de Bernarda Alba (2006)
Curtametraxes Diminutos del calvario (2002) - como doncela Mala espina (2001) - como Sara
Premios e candidaturas Premios Goya Ano Categoría Película Resultado2006Mellor actriz revelaciónCabeza de perroCandidata
Fotogramas de Prata Ano Categoría Serie Resultado2009Mellor actriz de televisiónLa SeñoraGañadora
Unión de Actores Ano Categoría Serie Resultado2009Mellor actriz protagonista de televisiónLa SeñoraGañadora
Véxase tamén Ligazóns externas A actriz en La Señora Encontro dixital en RTVE.es
Categoría:Actores da Comunidade de Madrid Categoría:Actores de televisión Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1985