Calixto Amarelle Rodríguez, nado o 14 de outubro de 1843 e finado en Madrid o 16 de xullo de 1901, foi un militar e político galego.

Traxectoria Fillo de José Andrés Amarelle Malpica. Militar de profesión, comezou como cadete de infantaría de mariña en 1864 e chegou a xeneral de división. Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Corcubión nas eleccións de 1896, volveu ser elixido polo mesmo distrito nas eleccións de 1899 e 1901. Foi gobernador militar de Cidade Real e Lugo e inspector das Comisións liquidadoras de Ultramar. Foi tamén nomeado senador, aínda que non chegou a tomar posesión.

Vida persoal Casou con Beatriz Álvarez-Mendizábal Cañabate.

Véxase tamén Ligazóns externas Acercamiento a la figura del general Amarelle Ficha no Senado Amarelle en xenealoxía.org

Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Militares de Galicia Categoría:Nados en 1843 Categoría:Finados en 1901 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos