Sinbad é un filme galego dirixido e guionizado por Antón Dobao que se estreou no 2011. Baséase na obra de Álvaro Cunqueiro Si o vello Sinbad volvese ás illas.... Estreouse nos cinemas galegos o 28 de outubro de 2011 con seis copias en salas comerciais, e ademais foi comercializado en DVD.
Sinopse Sinbad, extraordinario fabulador, conta as súas viaxes pasadas, reais ou non, aos seus compañeiros diarios de café e dominó na taberna. O dono desta, Mansur, é viúvo e tén unha filla preadolescente, Sara. Sinbad mantén con ela unha relación moi afectuosa. Acompáñaa ás veces á escola e apréndelle cousas do mar e das estrelas. Sara é a mellor receptora de todos os contos que narra Sinbad.
Personaxes Xosé Manuel Olveira "Pico" como Sinbad Sara Casasnovas como Vanessa Mariña Sampedro como Sara Luis Zahera como Aldán Laura Ponte Santasmarinas como Alba César Cambeiro como Manuel Manuel Cortés como Mansur Antonio Durán "Morris" como Primitivo Mariana Carballal como Adela Tamara Canosa como Herminia Xulio Abonjo como Quico Manuel Lozano como Daniel María Tasende como Nina Miquel Ínsua como Sidi Raxel Mela Casal como Aurora Monti Castiñeiras como Ricardo Camila Bossa como Lita Guillermo Carbajo como Sinbad novo
Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Receptor Resultado10ª ediciónMellor filmeAntón DobaoNomeadoMellor actriz secundariaMela CasalNomeadaMellor dirección artísticaCurru GarabalNomeado
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de filmes en galego con maior recadación Ligazóns externas Ficha no soportal do audiovisual galego.
Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes dirixidos por Antón Dobao Categoría:Álvaro Cunqueiro