Abrud (en húngaro Abrudbánya) é unha cidade romanesa situada no Condado de Alba. Encóntrase a unha altitude de 599 msnm e a 417 quilómetros da capital, Bucarest.
Historia esquerda|miniatura|250px|Vista dunha rúa de Abrud coa igrexa de san Nicolao ao fondo. Abrud foi fundada polos romanos como Abruttus, e como unha pequena fortificación construída para defender as miñas de ouro do pobo veciño, Alburnus Maior (hoxe Roșia Montană).
Durante a Idade Media pasou a ser considerada como unha vila no 1427. No 1727, unha revolta tomou o control da vila, e unha revolta de servos comezada en 1784 con Horea, Cloșca e Crișan como xefes loitaron contra as forzas do Imperio Austrohúngaro. Abrud foi tomada polos rebeldes o 6 de novembro de 1784, antes de ser reprimidos polo exército austríaco.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial .
Categoría:Condado de Alba