Heima (do islandés na casa) é un filme documental islandés sobre a xira en Islandia no verán de 2006 da banda de música Sigur Rós. Durante a xira a banda fixo dous grandes concertos ó aire libre en Miklatún - Reiquiavik (30 de xullo) e Ásbyrgi (4 de agosto), así como pequenos concertos en Ólafsvík (24 de xullo), Ísafjörður (26 de xullo), Djúpavík (27 de xullo), Háls, Öxnadalur (28 de xullo) e Seyðisfjörður (3 de agosto). Ademais, fixeron un concerto protesta contra o encoro de Kárahnjúkar en Snæfellsskála (3 de agosto). O documental tamén inclúe imaxes dun concerto acústico para familia e amigos en Gamla Borg, unha cafetería na vila de Borg, o 22 de abril de 2007.
O documental estreouse en Islandia Reykjavík International Film Festival o 27 de setembro de 2007. Heima lanzouse internacionalmente o 5 de novembro de 2007 (4 de decembro en Norte América) en dúas edicións.
O 27 de maio de 2011, a banda publicou unha versión en calidade HD na súa páxina web, que pode ser descargada dixitalmente en formato QuickTime.
Lista de cancións O primeiro DVD contén o documental, co son opcional de comentarios do representante da banda, mentres que o segundo DVD ten unha versión externdida das cancións.
DVD 1 "Titles/Intro" "Glósóli" "Sé lest" "Ágætis byrjun" "Heysátan" "Olsen Olsen" "Von" "Gítardjamm" "Vaka" "Á ferð til Breiðafjarðar vorið 1922" (con Steindór Andersen) "Starálfur" "Hoppípolla" "Popplagið" "Samskeyti" (e créditos)
DVD 2 "Glósóli" – 9:15 "Memories of melodies" "Heysátan" – 5:05 "Sé lest" – 11:26 "Gítardjamm" – 5:29 "Olsen Olsen" – 8:21 "Popplagið" – 15:44 "Á Húsafelli" "Surtshellir" – 3:32 "Church" – 0:40 "Museum" "Ágætis byrjun" – 6:55 "Þorrablót" "Kvæðamannafélagið Iðunn" "Á ferð til Breiðafjarðar vorið 1922" (con Steindór Andersen) – 6:00 "Vaka" (Snæfell) – 5:50 "Dauðalagið" – 13:08 "Hoppípolla"/"Með blóðnasir" – 7:12 "Starálfur" – 5:39 "Vaka" (Álafoss) – 5:21 "Heima" – 3:30 "Von" – 8:27 "Samskeyti" – 5:19 "Tour diary" "Credits"
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Páxina oficial de Sigur Rós
Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua islandesa Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Islandia Categoría:Filmes dirixidos por Dean DeBlois