O Gran Premio de Italia de 1977 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada no Autodromo Nazionale Monza o 11 de setembro de 1977. Foi a décimo cuarta proba da tempada de , o 46º Gran Premio de Italia e o 43º que se celebrou en Monza.

Resumo da carreira O feito de que Ferrari correra en casa non impediu que fora James Hunt, quen lograra a pole, mentres que Carlos Reutemann animou aos afeccionados locais ao comezar o segundo por diante de Jody Scheckter terceiro Mario Andretti cuarto e Niki Lauda quinto. Scheckter conseguiu o liderado cun comezo brillante, seguido por Clay Regazzoni, James Hunt, Mario Andretti, Carlos Reutemann, Niki Lauda e Jochen Mass. Pero Regazzoni non tiña ritmo e pronto perdeu postos, mentres Mario Andretti estaba avanzando, pasando a Hunt na segunda volta, e a Scheckter unhas voltas despois, para tomar o liderado. Hunt perdeu posicións con problemas de freos a medida que avanzaba a carreira, e Scheckter retirouse cando o seu motor fallou, deixando a Reutemann e Niki Lauda segundo e terceiro. Lauda pronto pasou a Reutemann, que tivo que retirarse cando trompeou a causa dunha mancha de aceite na pista deixada polo coche do debutante Bruno Giacomelli, deixando terceiro a Alan Jones. A carreira rematou nesa orde; con Andretti logrando a vitoria sobre Lauda, e Jones, quen logrou o seu segundo podio en tres carreiras .

Clasificación Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 5 Mario Andretti Lotus-Ford 52 1:27:50.30 4 9 2 11 Niki Lauda Ferrari 52 +16.96 5 6 3 17 Alan Jones Shadow-Ford 52 +23.63 16 4 4 2 Jochen Mass McLaren-Ford 52 +28.48 9 3 5 22 Clay Regazzoni Ensign-Ford 52 +30.11 7 2 6 3 Ronnie Peterson Tyrrell-Ford 52 +1:19.22 12 1 7 27 Patrick Nève March-Ford 50 + 2 voltas 24 8 26 Jacques Laffite Ligier-Matra 50 + 2 voltas 8 9 24 Rupert Keegan Hesketh-Ford 48 + 4 voltas 23 Ret 10 Ian Scheckter March-Ford 41 Transmisión 17 Ret 12 Carlos Reutemann Ferrari 39 Trompo 2 Ret 16 Riccardo Patrese Shadow-Ford 39 Trompo 6 Ret 14 Bruno Giacomelli McLaren-Ford 38 Motor 15 Ret 8 Hans Joachim Stuck Brabham-Alfa Romeo 31 Motor 11 Ret 1 James Hunt McLaren-Ford 26 Trompo 1 Ret 4 Patrick Depailler Tyrrell-Ford 24 Motor 13 Ret 20 Jody Scheckter Wolf-Ford 23 Motor 3 Ret 15 Jean-Pierre Jabouille Renault 23 Motor 20 Ret 34 Jean-Pierre Jarier Penske-Ford 19 Motor 18 Ret 23 Patrick Tambay Ensign-Ford 9 Motor 21 Ret 19 Vittorio Brambilla Surtees-Ford 5 Accidente 10 Ret 6 Gunnar Nilsson Lotus-Ford 4 Suspensión 22 Ret 30 Brett Lunger McLaren-Ford 4 Motor 19 Ret 7 John Watson Brabham-Alfa Romeo 3 Accidente 14 NSC 9 Alex Ribeiro March-Ford NSC 28 Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford NSC 18 Lamberto Leoni Surtees-Ford NSC 38 Brian Henton Boro-Ford NSC 36 Emilio de Villota McLaren-Ford NSC 25 Ian Ashley Hesketh-Ford NSC 29 Teddy Pilette BRM NSC 33 Hans Binder Penske-Ford NSC 41 Loris Kessel Apollon-Ford NSC 21 Giorgio Francia Brabham-Alfa Romeo

Posicións logo da carreira

Clasificación do campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Niki Lauda 69 2 Jody Scheckter 42 3 Mario Andretti 41 4 Carlos Reutemann 35 5 James Hunt 22

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Ferrari 86 (88) 2 Lotus-Ford 56 3 Wolf-Ford 42 4 McLaren-Ford 38 5 Brabham-Alfa Romeo 27

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 8 mellores resultados das primeiras 9 roldas e os 7 mellores resultados das últimas 8 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.

Notas Foi a última participación do equipo BRM, co piloto belga Teddy Pilette ao volante. Non se clasificou para a carreira. Ao terminar segundo, Ferrari gañou o Campionato de Construtores a falta de tres carreiras.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1977 Categoría:Gran Premio de Italia de Fórmula 1