+ Rosetta 300px|centro|modelo da sonda Rosetta Características técnicasTipo de misión: Orbitador/Módulo de descenso de Cometa Duración da misión:12 anos Outros nomes do orbitador: 2004-006A, 28169 Nome do módulo de descenso: Philae Data de lanzamento: 2 de marzo de 2004Lugar e hora de lanzamento: Centro Espacial de Kourou ás 07:17 UT.Lanzadeira: Ariane 5 V-158Peso do orbitador e o lander: 3.000 kgAsistencias gravitacionais: 3 da Terra: 4-3-05, 13-11-07 e 13-11-091 de Marte: 25-02-07 Obxectivo do lander: Cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko Chegada do orbitador: Agosto de 2014 Descenso do módulo: Novembro de 2014
Rosetta foi unha nave espacial robótica deseñada, construída e lanzada pola ESA, o seu obxectivo principal foi o cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko.
O nome da sonda é unha homenaxe á Pedra Rosetta que permitiu a Jean-François Champollion descifrar os xeroglíficos exipcios, fai alusión ao obxectivo científico da misión de coñecer mellor os elementos mais antigos do sistema solar (asteroides e cometas). O nome do lander, Philae, fai referencia á illa do río Nilo onde se atopou o obelisco de Philae que permitiu coñecer as consoantes do exipcio.
A misión foi aprobada pola ESA no ano 1993. A data de lanzamento foi programada para xaneiro do 2003 e tiña coma obxectivo ir ao encontro do cometa 46P/Wirtanen no ano 2011. Atrasos no lanzamento da nave, co conseguinte peche da ventá de oportunidade, fixeron mudar o obxectivo ao cometa 67P/Churyumov–Gerasimenko.
O control da misión estivo a cargo da DLR.
Instrumentación científica do orbitador
OSIRIS.- sistema de captación de imaxes. ALICE.- Espectrómetro de imaxes no canal ultravioleta. VIRTIS.- Espectrómetro de mapeo de imaxes nos canais visible e infravermello. MIRO.- Analizador de microondas. CONSERT.- Sonda de ultrasóns do núcleo do cometa. COSIMA.- Analizador de masas dos ións secundarios do cometa. GIADA.- Acumulador e analizador de impactos de graos e po cometario. MIDAS.- Sistema de análise de microimaxes. ROSINA.- Espectrómetro de ións. RPC.- Analizador de plasma RSI.- Sistema de análise de radio.
Instrumentación científica do módulo de descenso Philae APXS.- Espectrómetro de protóns e raios X. CIVA.- Sistema de recollida de imaxes. CONSERT.- Sondaxe por ultrasóns do núcleo cometario. COSAC.- Experimento de mostraxe e composición cometaria. MODULO PTOLOMEO.- Analizador de gases. MUPUS.- Sensor multiuso de superficie. ROMAP.- Magnetómetro e monitor de plasma. SD2.- Dispositivos de mostraxe. SESAME.- Experimento de monitorización de superficie eléctrica e ecústica, monitor de impacto de po.
Cronoloxía da misión miniatura|Explicación da Misión Rosetta realizada por Manuel Andrade, profesor da USC. 2 de marzo de 2004: Saída da Terra. 4 de marzo de 2005: Primeira asistencia gravitacional terrestre. 25 de febreiro de 2007: Asistencia gravitacional de Marte. 13 de novembro de 2007: Segunda asistencia gravitacional terrestre. 5 de setembro de 2008: Sobrevoo do asteroide 2867 Šteins. 13 de novembro 2009: Terceira asistencia gravitacional terrestre. 10 de xullo de 2010: Sobrevoo do asteroide 21 Lutetia. 8 de xuño de 2011: Entrada en invernación de espazo profundo.
Ano 2014 19 de xaneiro de 2014 - Saída da invernación de espazo profundo: Ás 10:00 UTC a computadora da sonda saíu do estado de invernación e comezou a restablecer os sistemas da sonda, restablecendo a comunicación co centro de control na Terra a través do complexo de comunicacións do espazo profundo Goldstone da NASA ás 18:18 UT.ESA's sleeping beauty wakes up from deep space hibernation Maior manobra para ó achegamento ao cometa: maio de 2014. Chegada do orbitador ao carón do Cometa: agosto 2014. Inserción orbital completa arredor do cometa 67/P. Aterraxe do lander Philae na superficie do cometa: novembro de 2014.
Ano 2015 Aproximación mais pechada ao Sol: 13 de agosto 2015. Fin oficial da misión: 31 de decembro de 2015.
Ano 2016 Fin definitivo da misión: 30 de setembro de 2016. A ESA escolleu esa data para impactar o orbitador no cometa.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos 2867 Šteins Ligazóns externas Páxina web, centro de operacións e galería de imaxes na páxina da ESA. Misión Rosetta en NASA.gov Vídeo divulgativo da ESA (Inglés) Vídeo da misión Rosetta da DLR en Youtube.com
Categoría:Sondas espaciais Categoría:Misión Rosetta