O proxecto GNU é un proxecto informático que ten por finalidade a de desenvolver un sistema operativo completo baseado en UNIX utilizando unicamente software libre. Dito sistema operativo é GNU, e é o que lle dá nome ao proxecto.
Orixe O 27 de setembro de 1983 Richard Stallman anunciou publicamente o nacemento do proxecto no grupo de noticias net.unix-wizards. Ao anuncio orixinal seguírono outros ensaios escritos por Stallman, coma o Manifesto GNU, que estableceron as súas motivacións para iniciar o proxecto, entre as que destaca «retornar o espírito de cooperación que prevaleceu nos tempos iniciais da comunidade de usuarios de computadoras».
Traxectoria Para defender legalmente o software do seu sistema operativo, Stallman escribiu para o proxecto GNU unha licenza que asegurase que se recoñecerían non só os dereitos que debe fornecer ao usuario o software libre, senón tamén certas obrigas para asegurar que quen desenvolvese (cambiando ou mellorando) software libre baixo esta licenza tamén utilizase a mesma licenza para o resultado do seu traballo. Dita licenza chamouse GPL.
A continuación, Stallman comezou o desenvolvemento dun compilador de C, GNU C Compiler. Este compilador foi fundamental no desenvolvemento do software libre, posto que unha porcentaxe moi alta deste software está escrito en C.
O proxecto tamén comezou a desenvolver un kernel para o sistema GNU, GNU Hurd, pero na actualidade este kernel aínda non é funcional.
O proxecto seguiu e segue desenvolvendo aplicacións libres para o sistema operativo GNU.
Aplicacións desenvolvidas polo proxecto GNU C Compiler GNU Hurd Latex
Véxase tamén Outros artigos Free Software Foundation
Ligazóns externas Sitio oficial de GNU .
Categoría:Software libre