O trastornos do control dos impulsos comprenden un grupo de doenzas psiquiátricas caracterizadas pola presenza de impulsividade (fracaso á hora de resistir ou reprimir un desexo, pulsión ou impulso que pode traer consecuencias nocivas para o paciente e o resto da xente).
Existen outras patoloxías psiquiátricas que cursan con desordes no control dos impulsos, entre as que destacan as desordes por abuso de substancias, as parafilias, o trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH), os trastornos antisocial e límite da personalidade, a esquizofrenia, ou trastornos do estado de ánimo coma a depresión ou o trastorno bipolar.
Na quinta edición da American Psychiatric Association's Diagnostic and Statistical Manual of Mental Disorders (DSM-5) publicado en maio de 2013 inclúese un novo capítulo (non incluído na edición anterior, o DSM-IV-TR) en Trastornos de disrupción, control de impulsos e da conduta, caracterizados por problemas na esfera emocional e do comportamento e autocontrol. Tamén se inclúe un capítulo de Trastornos do control de impulsos non especificados, no que se inclúen o trastorno explosivo intermitente, a piromanía e a cleptomanía.
Clasificación Trastorno explosivo intermitente: Existen episodios illados de falta de control de impulsos agresivos (agresións serias, destrución da propiedad...) que se manifestan con ataques de ira desproporcionados. Instáuranse en minutos ou horas e poden remitir espontaneamente. Posteriormente adoita haber arrepentimento ou culpabilidade. Cleptomanía: Impulso irrefrenábel de roubar obxectos, independentemente do valor material que posúan. O acto de robar non é premeditado e responde a un impulso incontrolábel que leva ao doente a ter a necesidade de roubar para calmar a ansiedade que teñen nese intre. Piromanía: Existe unha fascinación polo lume e unha gratificación aoprovocalo. Trátase de accións deliberadas e premeditadas. Adoitan traballar nas profesións vencelladas ao fogo (bombeiros, gardas forestais). Ludomanía, ludopatía ou xogo patolóxico: Conduta de xogo persistente, recorrente e que produce disfunción psicosocial, familiar e económica. A necesidade de xogo vai en aumento. Tricotilomanía: Falta de control de impulsos que leva a turrar do cabelo até o arrincar provocando calvas. Non hai disfunción psicosocial. Pode chegar a relacionarse coa tricofaxia (inxerir o cabelo). Dermatilomanía: Urxencia compulsiva por rañar, excoriar ou beliscar na propia pel. Onicofaxia: Hábito compulsivo de comer, cortar ou trabar nas unllas. Compra por impulso: Impulso irresistíbel de compra espontánea, non premeditada. Síndrome de Acaparador Compulsivo: tendencia á acumulación de artigos ou obxectos de xeito excesivo, mesmo aínda se os obxectos non teñen valor, son perigosos ou insalubres.
Síntomas Existen cinco estadíos ou factos que poden suxestionar a presenza dun trastorno do control dos impulsos: os propios impulsos, tensión en aumento, pracer ao levaren a termo a acción (o pirómano, prender lume; o cleptómano, roubar; etc.), alivio do estrés após a acción, e sensación de culpabilidade.
Tratamento 200px|miniatura|Caixa de Fluoxetina. Para tratar os trastornos do control de impulsos existen dúas modalidades terapéuticas: o tratamento farmacolóxico e o tratamento mediante psicoterapia, aínda que adoitan combinarse ámbolos dous tipos para alcanzar unha maior eficacia no tratamento. O tratamento escolleito tamén ha de ter en conta as condicións comórbidas do doente, isto é, outras enfermidades que poidan darse no doente de xeito concomitante. As máis frecuentes adoitan ser a depresión e os trastornos da personalidade.
O tratamento farmacolóxico de elección baséase nos antidepresivos do tipo inhibidores selectivos da recaptación de serotonina (IRSS). Entre eles o máis empregado é a fluoxetina. Outros antidepresivos como o citalopram ou a sertralina poden ser axeitados.
A terapia psicolóxica de elección é a terapia cognitivo condutual.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Impulso Psiquiatría Ligazóns externas DSM-V: Trastornos do control dos impulsos. Cleptomanía: o roubo da vontade e o control persoal.
Categoría:Doenzas