Àlex Casademunt González, nado en Vilassar de Mar (Barcelona) o 30 de xuño de 1981 e finado en Mataró o 2 de marzo de 2021, foi un cantante, actor e presentador español, xurdido da primeira edición da versión española do concurso televisivo musical Operación Triunfo.
Traxectoria 2001-2005: Fórmula Abierta e Inquietudes Participou na primeira edición do concurso Operación Triunfo, emitida por Televisión Española entre 2001 e 2002. Tras ser eliminado formou parte do grupo musical Fórmula Abierta, xunto a Geno Machado, Javián Antón e Mireia Montávez, todos eles tamén exconcursantes do programa. Xuntos gravaron o disco Aún hay más publicado o 7 de xuño de 2002, que incluíu o tema «Te quiero más».
En 2003 iniciou unha carreira en solitario como cantante. O seu primeiro disco Inquietudes saíu á venda o día 16 de xuño. O disco contou con 14 temas (cinco deles compostos polo cantante). Para a súa preparación contou coa axuda do seu irmán Joan na composición dalgunhas cancións. O primeiro sinxelo de presentación foi a canción romántica «Jugándome la vida entera».
Entre 2003 e 2004, inicia a súa carreira como presentador de televisión no programa infantil Los Lunnis de TVE. A súa carreira como actor por eses anos é variada: OT: la película de Jaume Balagueró e Paco Plaza en 2002, o musical Peter Pan: el musical ou a serie de televisión de Miramón Mendi La sopa boba para Antena 3 en 2004. Tempo despois continuou traballando en televisión noutros programas como Crónicas marcianas de Telecinco e ¡Mira quién baila! en TVE en 2005, onde participou como concursante. Así mesmo en 2005 apadriñou ao seu irmán Joan Casademunt para participar no programa de TVE Gente de primera. Ese ano exerceu de presentador dos concertos da famosa cantante e estrela infantil María Isabel.
2006-2010: Traballos en televisión En 2006 presentou diversos espazos televisivos. Foi o presentador do programa musical Fan Factory (en UrbeTv do Grupo Vocento) e foi colaborador de Hoy por ti de Telemadrid. Durante o verán de 2006 presentou o concurso de karaoke Cantamania en TV3 xunto á cantante Roser de Popstars e no outono de 2006 foi presentador do programa El chat de Operación Triunfo na súa quinta edición, na academia. Nese mesmo ano traballou para a serie de Diagonal TV Mar de fons (TV3), interpretando o papel de Marley. Ao ano seguinte, traballou en Telecinco no programa matinal El programa de Ana Rosa. Nel exercía de comentarista de formatos de éxito da cadea.
Volve á interpretación traballando para a serie Arrayán emitida por Canal Sur en 2008, na que interpretou o personaxe de Don Pablo. En 2009 participa como protagonista na curtametraxe Ya te vale dirixido por Martín Crespo e producido por Rossmartin Films PC. Nesta ocasión interpreta o personaxe de Pepe. En 2010 colaborou nun disco benéfico chamado Canciones para Haití. Este púxose á venda con El Periódico de Catalunya. Pouco despois presentou a súa candidatura para Eurovisión xunto ao seu irmán Joan co tema «Tan solo mirarte». Ambos obteñen con este tema un total de 13.905 votos. En setembro de 2010 volveu ao teatro musical en Madrid co exitoso Mamma Mia: el musical, no que interpretou o papel de Sky, o noivo da protagonista.
2011-2021: Casademunts e novos sinxelos En 2011, incorpórase a 13 TV para conducir xunto a Alejandra Andreu Noche sensacional, unha das principais apostas da canle. Ao longo de 2012 traballa xunto ao seu irmán no grupo Casademunts co que realizan promoción por diferentes cadeas de televisión. En 2013 intervén como concursante no reality show de Cuatro Expedición imposible. Nel comparte aventuras coa presentadora e colaboradora de televisión Rocío Madrid. Na primavera do 2013 presenta «Sé», un sinxelo co seu irmán Joan Casademunt. No outono aparece nun episodio da serie de Antena 3 Vive cantando. En 2014 presenta «Me haces sentir» xunto ao seu irmán Joan e o cantante produtor Papa Joe. O tema é editado por Warner Music e Dobre Music Records. En teatro aparece nas obras Cosas de tríos e El otro lado de la cama.
En 2015 colabora para o programa Trencadís de 8tv xunto a Sandra Barneda e en 2016 é colaborador habitual do programa Hora punta de La 1 que presenta Javier Cárdenas. En 2017 confirma a súa volta aos escenarios con Fórmula Abierta, o grupo do que formou parte tras saír de OT 1.
Faleceu o 2 de marzo de 2021 nun accidente de tráfico.
Discografía Fórmula Abierta 2002: Aún hay más (Vale Music) 2018: Sin conexión (Sonogrand) 2019: Si tú vuelves (Sonogrand)
En solitario 2003: Inquietudes (Vale Music) 2010: Tan sólo mirarte 2013: Sé
Dúos 2002: Bustamante de David Bustamante (Vale Music)
Outros 2001 - Operación triunfo: Galas (Vale Music) 2001 - Operación triunfo: El álbum (Vale Music) 2002 - Operación triunfo canta Disney (Vale Music) 2002 - Operación triunfo: el disco del deporte (Vale Music) 2002 - Operación triunfo: el álbum de Eurovisión (Vale Music) 2002 - Sinxelo Todos contra el fuego 2003 - Peter Pan: El musical (Vale Music) 2003 - Generación OT: Juntos (Vale Music) 2006 - Las 100 mejores canciones de la historia de Operación triunfo (Vale Music e Sony Music) 2010 - Canciones para Haití (El Periódico de Catalunya)
Filmografía Cine 2002 - OT: la película (Filmax) 2003 - Colours - Curtametraxe 2003 - Mil razones y una vaca - Curtametraxe 2009 - Ya te vale - Curtametraxe 2010 - El destino - Curtametraxe
Series 2004 - La Sopa Boba. Papel: Yago. De Miramón Mendi para Antena 3. 2006 - Mar de fons. De Diagonal TV para TV3. 2008 - Ponme una nube, Rocío (Canal Sur). 2008-2010 - Arrayán. Papel: Pablo. De Linze TV para Canal Sur. 2013 - Vive cantando. Papel: Willy. De Doble filo para Antena 3.
Teatro e musicais 2002-2003 - Peter Pan: El musical. 2010-2011 - Mamma mia: El musical. 2014 - Cosas de tríos. 2014-2015 - El otro lado de la cama. 2015 - Y mi mamá también
Presentador e colaborador 2003-2004 - Los Lunnis (TVE) 2005 - Crónicas marcianas (Telecinco) 2005 - Grand Prix Xpress (TVE). Padriño. Episódico. 2005 - Gala de Ano Novo. Viva 2005 (TVE). Xunto a Bertin Osborne, Mar Saura e Maria José Suárez. 2006 - Fan Factory. Cadeas locais de PuntoTV do Grupo Vocento 2006 - Hoy por ti (Telemadrid) 2006 - Cantamania (TV3). Xunto a Roser. 2006-2007 - El chat de OT5 (Telecinco) 2007 - El programa de Ana Rosa (Telecinco) 2011-2012 - Noche Sensacional (13TV). Xunto a Alejandra Andreu. 2015-2016 - Trencadís (8tv) 2016-2017 - Hora punta (TVE) 2017 - 1, 2, 3... hipnotízame (Antena 3) 2017 - Snacks de tele (Cuatro)
Concursante 2001-2002 - Operación Triunfo. 4º expulsado. (TVE) 2005 - ¡Mira quién baila!. Finalista. (TVE) 2006 - Factor Miedo (Antena 3) 2013 - Expedición Imposible (Cuatro). Con Rocío Madrid. 2013 - Tu cara mas solidaria 2 (Antena 3). Gala solidaria. Episódico. 2017 - El gran reto musical (TVE) 2017 - Me lo dices o me lo cantas (Telecinco) 2018 - Trabajo temporal (TVE) 2019 - La mejor canción jamás cantada (TVE)
Artista invitado especial 2002 - Triunfomanía (TVE) 2002 - Xira Operación Triunfo: Concerto Santiago Bernabéu (TVE). Concerto íntegro 2002 - Gala Bustamante y amigos (TVE) 2003 - Gala Generación OT (TVE) 2003 - Operación Eurovisión (TVE) 2004 - Gente de Primera (TVE) 2012 - Menuda Noche (Canal Sur)
Notas
Véxase tamén Outros artigos OT: El Reencuentro Ligazóns externas Blog de Àlex
Categoría:Cantantes de España Categoría:Presentadores de televisión de Cataluña Alex Casademunt Categoría:Nados en Vilassar de Mar Categoría:Nados en 1981 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Finados en accidente de tráfico