A anorgasmia é a inhibición recorrente e persistente do orgasmo, manifestada pola súa ausencia tras unha fase de excitación normal, e producida a través dunha estimulación que poida considerarse adecuada en intensidade, duración e tipo. É, xunto coa falta de desexo, unha das disfuncións sexuais máis comúns da muller. Pode haber anorgasmia no home, pero é menos frecuente e dificilmente diagnosticada, xa que se oculta tras o prexuízo erróneo de que a exaculación é un orgasmo.
Tipos de anorgasmia Anorgasmia primaria: sófrea quen nunca obtivo o orgasmo, nin a través do coito nin por masturbación, a pesar de poder -ou non- exacular normalmente. Anorgasmia secundaria: sófrea quen, tras unha época de ter orgasmos con normalidade, deixa de experimentalos de forma sistemática. Anorgasmia absoluta: cando non é capaz de alcanzar o orgasmo mediante ningún procedemento (autoestimulación, heteromasturbación etc.). Anorgasmia relativa: cando se é incapaz de chegar ao clímax dunha forma determinada; por exemplo, anorgasmia coital. Anorgasmia situacional: cando pode alcanzar o orgasmo só en determinadas circunstancias específicas.
Causas Na fisioloxía do orgasmo feminino interveñen máis factores que no masculino, e é, polo tanto, máis complexa. Por iso, os trastornos do orgasmo son moito máis frecuentes nelas. Nelas, o orgasmo vai acompañado dunha serie de contraccións reflexas de certos músculos xenitais localizados na vaxina. Calquera enfermidade ou traumatismo en dita zona, ao igual que a inxesta de calquera droga, e incluso algún fármaco concreto, poden ser causas orgánicas que inhiban o orgasmo.
Orgánicas. Só representan un 5 por cento das causas. Enfermidades endocrinolóxicas (diabetes etc.), neurolóxicas, xinecolóxicas etc.
Psicolóxicas. Son as máis frecuentes. Entre as principais: condicións culturais negativas experiencias sexuais traumáticas factores interpersonais falta de información sexual monotonía na falta de concentración, angustia etc. ambivalencia'' respecto ao seu compromiso de cara á relación de parella, o temor ao abandono, temor a afirmar a propia independencia, sentimentos de culpa relacionados sobre todo coas relacións sexuais.
Tratamento A anorgasmia é tratable e ten bo prognóstico, sempre e cando o paciente coopere co terapeuta. O tratamento é efectivo en arredor do 95% dos casos, cifra bastante elevada se temos en conta a magnitude do problema. O tratamento da anorgasmia vai encamiñado, principalmente, a:
Eliminar as actitudes negativas e prexuízos arredor da sexualidade en xeral, e do orgasmo en particular. Mellora da relación, a través da comunicación entre a parella. Programa de habilidades sexuais, que consiste nunha serie de exercicios específicos para esta disfunción.
Notas
Categoría:Sexualidade Categoría:Sexo