Benito Cancela Rodríguez, nado en Padroso (Lampaza, Rairiz de Veiga) o 22 de agosto de 1892 e finado en Ourense a finais de maio de 1973, foi un político galego.
Traxectoria Emigrou a Cuba e instalouse en Santa Cruz del Sur (Camaguey) onde amansou unha pequena fortuna con negocios de hostalaría. En Cuba entrou en contacto coa masonería, alcanzando o grao de mestre. Regresou a Celanova en 1932 e instalou o Hotel Cuba na vila. Afíliouse a Izquierda Republicana e logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro foi nomeado concelleiro e elixido alcalde de Celanova o 15 de marzo de 1936.El Pueblo Gallego, 21-3-1936, p. 13.
Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 a Garda Civil foi detelo, pero fuxiu. Agochouse primeiro en Leborín e despois nun zulo na súa propia casa de Celanova. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.BOE, 5-1-1941, p. 84. Ao rematar a guerra civil acolleuse a un indulto. Pero foi novamente denunciado en 1939 polo cura de Bobadela. Detido, foi encarcerado na Prisión de Celanova. Pasou despois á Prisión Provincial de Ourense, á de Porlier en Madrid e ao Penal do Puerto de Santa María.
Saíu en liberdade condicional en 1943, pero condenado ao pago de multas, incautación dos seus bens e desterro. Tivo que instalarse en Oviedo onde montou unha sidraría, que pechou aos seis meses. Regresou a Celanova na década dos cincuenta. Finou en Ourense a finais de maio de 1973.La Voz de Galicia, 30-5-1973, p. 7. Vida persoal
Casou con Estrella Rúa Álvarez, que finou en 1966, e foi pai de Fita e Ángel Cancela Rúa.La Región, 10-8-1967, p. 3. Notas
Véxase tamén Bibliografía Valín Fernández, Alberto. Laicismo, represión y educación en la España del siglo XX. Sada (A Coruña), Ediciós do Castro, 1993.
Sánchez Martínez, Pablo. Masonería e república en Celanova. Benito Cancela Rodríguez(1892-1973). Gijón, Masónica.es, 2017.
Ligazóns externas Las elecciones del Frente Popular y la política municipal en Celanova (febreiro-xullo de 1936) de Domingo Rodríguez Teijeiro . Expediente de responsabilidades políticas de Benito Cancela Rodríguez.
Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Masóns de Galicia Categoría:Alcaldes de Celanova Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Galicia por Izquierda Republicana Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Rairiz de Veiga Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1973 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes