Duško Savanović, nado o 5 de setembro de 1983 en Zagreb, é un ex xogador profesional de baloncesto serbio . Cunha altura de 2,04 metros, xogaba na posición de ala-pivote.

Traxectoria profesional Club Savanović xogou as súas tres primeiras tempadas coma profesional en Serbia, dúas tempadas, en dúas etapas diferentes, no KK Železnik, e unha no KK Borac Čačak. Na súa segunda etapa no Železnik, gañou a Liga ABA no ano 2006. O 6 de outubro de 2006, asinou un contrato de dous anos co UNICS Kazan ruso. Tras dúas tempadas en Rusia, Savanović chegou á Liga ACB para xogar primeiro no Cajasol Sevilla, e logo no Power Electronics Valencia, equipo co cal debutou na Euroliga. Na súa primeira tempada na Euroliga, acadou 11.9 puntos e 4.6 rebotes por encontro en 21 partidos. Ó remate da competición, foi elixido no segundo mellor equipo da Euroliga. O 20 de xuño de 2011, Savanović asinou un contrato de tres anos co Anadolu Efes SK turco. O 18 de xullo de 2014, asinou un contrato de dous anos co Bayern München.

Selección Savanović participou coa selección serbia no Mundial da FIBA do ano 2010, onde Serbia perdeu no partido polo bronce contra Lituania por 99-88. Disputou tamén o Eurobasket de 2011, onde Serbia rematou na oitava posición, e Savanović fixo 13.4 puntos e 3.6 rebotes por partido.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Euroleague.net Perfil en ACB.es

Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados en Zagreb Categoría:Serbios de Croacia Categoría:Xogadores de baloncesto de Serbia Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores do KK Železnik Categoría:Xogadores do KK Borac Čačak Categoría:Xogadores do UNICS Kazan Categoría:Xogadores do CB Sevilla Categoría:Xogadores do Valencia BC Categoría:Xogadores do Anadolu Efes SK Categoría:Xogadores do FC Bayern München (baloncesto)