O dólar (en malaio: ringgit, e en inglés: dollar) é a moeda oficial do Sultanato de Brunei desde 1967. Divídese en 100 sen, e normalmente se abrevia utilizando o símbolo do dólar ($), ou B$ para diferencialo doutras moedas denominadas en dólares. O dólar de Brunei cámbiase á vez co dólar de Singapur grazas a un acordo económico asinado na década dos anos 70.
Historia
O primeiro tipo de moeda que se utilizou en Brunei foron conchas mariñas. Durante a segunda metade do século XIX cuñáronse moedas de estaño denominadas pitis. A estas moedas seguíronlles moedas de 1 centavo do dólar das Colonias do Estreito.
Como protectorado do Reino Unido, Brunei utilizou o dólar do Estreito a principios do século XX, e máis tarde adoptaría o dólar de Malaia e o dólar de Malaia e Borneo ata 1967, cando empezou a emitir a súa propia moeda.
O dólar de Brunei substituíu o dólar de Malaia e Borneo en 1967 trala formación de Malaisia e a independencia de Singapur. Ata o 23 de xullo de 1973, o ringgit malaio cambiábase á vez co dólar de Singapur e o dólar de Brunei. Hoxe en día, as Autoridades Monetarias de Singapur e Brunei manteñen esta intercambiabilidade. En Singapur acéptanse dólares de Brunei, con todo non é moeda de curso legal. Pola contra, o dólar de Singapur si se acepta en Brunei.
Moedas Desde a independencia do Sultanato en 1967 cuñáronse ata catro series de moedas. As características técnicas de todas elas non variaron, con todo si o fixeron os retratos dos distintos sultáns que gobernaron o país desde entón.
Denominación Emisión Metal Canto Diámetro(mm) Peso(g) Anverso Reverso1 Sen1993-2007 Cu+ZnLiso17,701,24Muda Hassanal Bolkiak - SULTAN HAJI HASSANAL BOLKIAH1 SEN - Flor estilizada de cerezo - KERAJAAN BRUNEI - ano de cuñaxe1 Sen2008- Cu+Ni+ZnLiso17,70Muda Hassanal Bolkiak - SULTAN HAJI HASSANAL BOLKIAH1 SEN - Flor estilizada de cerezo - KERAJAAN BRUNEI - ano de cuñaxe5 Sen1993- Cu+NiEstriado16,261,56Muda Hassanal Bolkiak - SULTAN HAJI HASSANAL BOLKIAH5 SEN - Paxaro estilizado - KERAJAAN BRUNEI - ano de cuñaxe10 Sen1993- Cu+NiEstriado19,402,60Muda Hassanal Bolkiak - SULTAN HAJI HASSANAL BOLKIAH10 SEN - Insecto estilizado - KERAJAAN BRUNEI - ano de cuñaxe20 Sen1993- Cu+NiEstriado23,504,50Muda Hassanal Bolkiak - SULTAN HAJI HASSANAL BOLKIAH20 SEN - Árbol estilizado - KERAJAAN BRUNEI - ano de cuñaxe50 Sen1993- Cu+NiEstriado27,707,29Muda Hassanal Bolkiak - SULTAN HAJI HASSANAL BOLKIAH50 SEN - Escudo de armas - KERAJAAN BRUNEI - ano de cuñaxe
Billetes En 1967, o goberno (Kerajaan Brunei) introduciu os primeiros billetes en denominacións de 1, 5, 10, 50 e 100 dólares. En 1979 engadíronse os billetes de 500 e 1.000 dólares. En 1989 o nome do país emisor cambiou a Negase Brunei Darussalam. Ese mesmo ano introducíronse as denominacións de 10.000 dólares. Todas as denominacións están escritas en malaio, cos alfabetos jawi e latino. Nas antigas series a denominación inglesa aparecía no reverso xunto á denominación en malaio, pero agora aparece no reverso coa escritura jawi. Desde 2004 estanse substituíndo as series impresas en papel por outras novas en polímero.
+ Denominación Cor predominante Dimensións Descrición do anverso Descrición do reverso1 DólarAzul141 x 69 mm$1 - SATU RINGGIT - Muda Hassanal Bolkiak - Flor (Riverside simpur) - NEGARA BRUNEI DARUSSALAM$1 - ONE DOLLAR - Cascada - Bosque tropical - بروني دارالسلام5 DólaresVerde141 x 69 mm$5 - LIMA RINGGIT - Muda Hassanal Bolkiak - Nepenthes albomarginata - NEGARA BRUNEI DARUSSALAM$5 - FIVE DOLLARS - Bosque tropical - بروني دارالسلام10 DólaresVermello141 x 69 mm$10 - SEPULUH RINGGIT - Muda Hassanal Bolkiak - Hojas - NEGARA BRUNEI DARUSSALAM$10 - TEN DOLLARS - Bosque tropical - بروني دارالسلام50 DólaresAzul/Marrón158 x 75 mm$50 - LIMA PULUH RINGGIT - Muda Hassanal Bolkiak - Petrolero - NEGARA BRUNEI DARUSSALAM$50 - FIFTY DOLLARS - Plataforma petrolífera - بروني دارالسلام50 DólaresAzul/Marrón/Verde158 x 75 mm$50 - LIMA PULUH RINGGIT - Muda Hassanal Bolkiak - Etlingera solaris - NEGARA BRUNEI DARUSSALAM$50 - FIFTY DOLLARS - Bosque tropical - بروني دارالسلام100 DólaresVerde/Marrón158 x 75 mm$100 - SERATUS RINGGIT - Muda Hassanal Bolkiak - NEGARA BRUNEI DARUSSALAM$100 - ONE HUNDRED DOLLARS - Aeroporto Internacional de Brunei - بروني دارالسلام100 DólaresGranate158 x 75 mm$100 - SERATUS RINGGIT - Muda Hassanal Bolkiak - NEGARA BRUNEI DARUSSALAM$100 - ONE HUNDRED DOLLARS - Bosque tropical - بروني دارالسلام500 DólaresLaranxa175 x 81 mm$500 - LIMA-RATUS RINGGIT - Muda Hassanal Bolkiak - Mesquita do Sultán Omar Ali Saifuddin - NEGARA BRUNEI DARUSSALAM$500 - FIVE HUNDRED DOLLARS - Royal Regalia - بروني دارالسلام500 DólaresRosa175 x 81 mm$500 - LIMA-RATUS RINGGIT - Omar Ali Saifuddien III - Orthosiphon aristatus - NEGARA BRUNEI DARUSSALAM$500 - FIVE HUNDRED DOLLARS - Mesquita do Sultán Omar Ali Saifuddin - بروني دارالسلام1.000 DólaresGranate/Azul/Verde182 x 84 mm$1000 - SERIBU RINGGIT - Muda Hassanal Bolkiak - Merremia borneensis - NEGARA BRUNEI DARUSSALAM$1000 - ONE THOUSAND HUNDRED DOLLARS - Edificio do Ministerio de Economía - بروني دارالسلام10.000 DólaresVerde$10000 - SEPULUH RIBU RINGGIT - Muda Hassanal Bolkiak - Passiflora foetida - NEGARA BRUNEI DARUSSALAM$10000 - ONE THOUSAND HUNDRED DOLLARS - Edificio da Corte Suprema - بروني دارالسلام
Notas
Véxase tamén Outros artigos Brunei Ligazóns externas Autoridade Monetaria de Brunei
Brunei Categoría:Brunei Categoría:ISO 4217