miniatura|100px|Batedor. Un batedor eléctrico é un electrodoméstico de cociña que permite moer ingredientes no mesmo recipiente no que se preparan. Pódese utilizar para facer diferentes tipos de purés, mollos e sopas. É a evolución do batedor de globo ou manual.
Historia O batedor eléctrico foi inventado en Suíza por Roger Perrinjaquet, quen patentou a idea en 1950 e chamou á súa creación bamix, unha contracción de "bat et mixe" (bate e mestura). O 24 de abril de 1955 presentouse por vez primeira o novo batedor Bamix na Feira de Hannover.
Mais a versión máis popular foi a inventada polo enxeñeiro Gabriel Lluelles (Barcelona, 1923) para a empresa española Pimer (acrónimo de Pequenas Industrias Mecánico Eléctricas Reunidas), e que foi chamada de Minipimer, comercializada en 1959. A empresa foi posteriormente comprada pola alemá Braun GmbH, que mantivo o nome orixinal do aparello, que se converteu no nome común deste tipo de batedor.Larga vida a la minipimer. Artigo no xornal El País, 21 de xaneiro de 2008
Compoñentes e funcionamento Un batedor de man consta principalmente dun motor eléctrico situado no mango e un eixe que conecta este motor coas láminas situadas na parte inferior. O motor impulsa as láminas, que xiran a alta velocidade para triturar e mesturar os ingredientes. Moitos batedores de man modernas inclúen accesorios adicionais, como variñas batedoras, picadoras ou procesadores de alimentos, o que amplía a súa versatilidade na cociña.
Partes principais
Motor: É o compoñente que impulsa as láminas e pode variar en potencia, xeralmente entre 150W e 1500W. Láminas: Feitas de aceiro inoxidable, son as responsables de triturar e mesturar os ingredientes. Eixe: Conecta o motor coas láminas e adoita estar recuberto de plástico ou metal, dependendo do modelo. Accesorios: Algúns modelos inclúen variñas adicionais, picadoras e outros complementos que poden ampliar a funcionalidade do aparato.
Tipos de batedores de man Existen diferentes tipos de batedores de man en función do seu deseño e potencia:
Domésticas: Xeralmente máis lixeiras e menos potentes, adecuadas para tarefas sinxelas na cociña. Profesionais: Máis robustas e con motores máis potentes, deseñadas para un uso intensivo en ambientes profesionais. Industriais: Con características avanzadas e unha durabilidade excepcional, estas utilízanse en cociñas industriais e de gran demanda.
Innovacións recentes Co avance da tecnoloxía, os batedores de man incorporaron novas características, como:
Control de velocidade variable: Permite axustar a velocidade das láminas para diferentes tipos de preparacións. Tecnoloxía anti-salpicaduras: Deseños de láminas e cabezais que minimizan as salpicaduras durante o uso. Modelos sen fíos: Ofrecen maior liberdade de movemento, eliminando a necesidade dun cable de alimentación.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Batedor de globo Ligazóns externas Batedor eléctrico (en castelán) A Whirling Dervish That Dips Right Into Your Pot, por Amanda Hesser. New York Times, 19 de agosto de 1998 .
Categoría:Utensilios de cociña Categoría:Electrodomésticos