María Begoña Bas López, nada en Vigo o 4 de maio de 1953, é unha profesora e etnógrafa galega.
Traxectoria Fixo o bacharelato en Vigo e licenciouse en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou en Xeografía. Traballou no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón da Coruña. É profesora do Departamento de Didácticas Específicas na Universidade da Coruña. Dedicase ao estudo da arquitectura popular galega. Colabora nas revistas Verba, Gallaecia e Brigantium. Recibiu o Premio de Etnografía Vicente Risco (1978), o Premio Domingo Fernández del Riego (1984) e o Premio da Crítica Galicia (1992).
Obras Itinerarios dos hórreos en Galicia. Contribución ao estudo do habitat rural galego, 1978. Construcións populares galegas, 1980. As construcións populares. Un tema de etnografía en Galicia, 1983, Cuadernos do Seminario de Sargadelos. Os petos de ánimas en Ourense, 1985. Camiños, pasos e pontes, 1989. Muíños de marés e de vento en Galicia, 1991. Os muíños, 2000. Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Personalidades da etnografía de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1953 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade da Coruña