George Thorogood, nado en Wilmington (Delaware) o 24 de febreiro de 1950, é un cantante de blues e rock estadounidense.
Traxectoria Coa banda de The Delaware Destroyers acadou importantes éxitos con versións de clásicos do blues e do rock como Bo Diddley, Muddy Waters ou Jonh Lee Hooker. O seu maior éxito foi Bad to the Bone. Dos seus dezaseis álbums, acadou dous discos de Platino (Live e The Baddest of George Thorogood and the Destroyers) e seis de ouro. Leva vendidas unhas quince millóns de copias. As súas discográficas foron Rounder, MCA, EMI, Eagle e CMC International.
Foi tamén un notable xogador de béisbol.
Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de New Castle, Delaware Categoría:Nados en 1950