miniatura|Titushki diante do edificio do gabinete de ministros de Ucraína. 24 de novembro de 2013 Titushki (en ucraíno тітушки) é a denominación que lles dan os medios de comunicación ucraínos, especialmente os vencellados á oposiciónЕлена Гамаюн. Ужасные «титушки». Московский комсомолец, 7 de febreiro de 2014 e en xeral a opinión pública daquel país aos mercenarios de bandas que consideran organizadas polas autoridades e que actúan como axentes provocadores que ilegalmente asaltan e dispersan demostracións pacíficas de opoñentes ao goberno de Viktor Yanukovych. Durante os acontecementos desenvolvidos en Ucraína a finais de 2013 e comezos de 2014, coñecidos como Euromaidan converteuse nun termo colectivo para os axentes provocadores e criminais sospeitosos de estar a soldo do Partido das Rexións e membros das forzas de seguridade vestidos de civil, e como tal pasou á prensa internacional
Orixe do nome O nome procede de Vadym Titushko (Вадим Тітушко) un loitador de artes marciais de Bila Tserkva que atacou os xornalistas dunha canle de televisión ucraína o 18 de maio de 2013.From Maidan To Berkut: A Ukraine Protest Glossary, Radio Free Europe/Radio Liberty 18 de decembro de 2013, condenado a tres anos de prisión pero posteriormente foi modificada a dous anos de liberdade condicionada, con posterioridade o propio Titushko apoiou publicamente á oposición
Características
Segundo un antigo xefe do Servizo de Seguridade de Ucraína, o goberno usa os titushki activamente en conflitos locais, a cambio de cartos, son xente nova que viste de forma similar, con roupa deportiva e chaquetas, a miúdo a súa imaxe confúndese coa dos nostálxicos da época soviética[↑ В Днепре «гоп-титушки», в которых опознали местных дзюдоистов, разгромили евромайдан http://cripo.com.ua/?sect_id=10&aid=166326 ], aínda que os titushki son recrutados entre practicantes mozos de boxeo, wrestling ou artes marciais sen emprego e sen consideración á ideoloxía, só a cambio de cartosСкільки коштує найняти «тітушка». Інфографіка — Економічна правда. O número de todos os que actuaron en Kíiv durante as protestas de 2013/2014 estímase en 2000 http://www.pravda.com.ua/columns/2013/12/13/7006654/.
Notas
Ligazóns externas Titushky no dicionario de slang ucraíno Myslovo
Categoría:Ucraína