El Pueblo foi un semanario publicado en Santiago de Compostela entre 1911 e 1913.
Historia e características Subtitulado Semanario. Órgano de la Congregación de la Anunciada y San Luis Gonzaga, apareceu en 1911. Semanario católico de carácter doutrinal. Tiña unha sección fixa de literatura. Publicou un artigo no que se reclamaba a creación da cátedra de Literatura Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela e outro no que se apoiaba a construción dun monumento a Rosalía de Castro en Compostela. Cesou a súa publicación en 1913.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1911 en Galicia