Santo Estevo de Sueiro é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Culleredo. Segundo o IGE en 2016 tiña 349 habitantes (170 mulleres e 179 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 263 habitantes.
Xeografía Atópase na fértil veiga do río Valiñas, na súa marxe meridional, a 1 km da estrada nacional da Coruña a Vigo.
Demografía Sueiro é a parroquia menos poboada do concello de Culleredo debido fundamentalmente ó seu pequeno tamaño (é a segunda parroquia máis pequena de Culleredo).
Cultura Patrimonio En Sueiro están o: Castro de Sueiro A igrexa de santo Estevo de Sueiro
Lugares e parroquias Lugares de Sueiro
Parroquias de Culleredo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Culleredo
Categoría:Parroquias de Culleredo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo Estevo