Beniamino Stella, nado en Pieve di Soligo o 18 de agosto de 1941, é un cardeal e arcebispo católico italiano, dende o 21 de setembro de 2013 prefecto da Congregación para o Clero.
Biografía Formación Naceu en Pieve di Soligo, na provincia de Treviso e na diocese de Vittorio Veneto o 18 de agosto de 1941. En 1960 trasladouse a Roma, onde estivo aloxado no Pontificio Seminario Maior Romano e estudou na Facultade de Teoloxía e Filosofía da Pontificia Universidade Lateranense.
O 19 de marzo de 1966 foi ordenado sacerdote polo entón bispo de Vittorio Veneto Albino Luciani, futuro papa co nome de Xoán Paulo I. Despois de se formar en Dereito Canónico en Latrán, Luciani destinouno á Pontificia Academia Eclesiástica.
Carreira diplomática Comezou a carreira diplomática, e dende 1970 traballou nas nunciaturas en Santo Domingo, Zaire e Malta , e posteriormente foi promovido a pro-nuncio para a República Centroafricana e delegado apostólico no Chad.
O 21 de agosto de 1987 foi nomeado arcebispo titular de Midila, e consagrado na Basílica de San Pedro polo papa Xoán Paulo II, sendo os co-consagrantes Eduardo Martínez Somalo e Jean Pierre Marie Orchampt.
O seguinte 7 de novembro foi nomeado pro-nuncio apostólico para a República Democrática do Congo, e posteriormente foi tranferido ás nunciaturas de Cuba (en 1992) e Colombia (1999).
Curia Romana O 13 de outubro de 2007 foi nomeado presidente da Pontificia Academia Eclesiástica, a institución que adestra aos diplomáticos para a Santa Sé.
O 21 de setembro de 2013 foi nomeado prefecto da Congregación para o Clero.
O 12 de xaneiro de 2014 o papa Francisco anunciou a súa creación como cardeal no consistorio do 22 de febreiro seguinte.
Notas e referencias
Categoría:Cardeais creados por Francisco Categoría:Bispos católicos de Italia Categoría:Nados en 1941 Categoría:Nados na provincia de Treviso Categoría:Embaixadores Categoría:Cardeais de Italia Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Lateranense Categoría:Alumnos da Pontificia Academia Eclesiástica Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Membros da Congregación para o Clero