Ramón Plasencia Ruibal, nado na Coruña o 7 de outubro de 1874 e finado en Xixón a finais dos anos vinte, foi un xornalista galego.
Traxectoria Fillo do tenente coronel Alfredo Plasencia Cassina. Colaborou en El Reservista e foi correspondente de El Correo Militar na Coruña (1895-1896). Marchou despois a Granada. Regresou a Galicia e colaborou en La Nueva Época de Ourense e La Correspondencia Militar, La Nación Militar e La Mañana de Madrid. Trasladouse a Monforte de Lemos onde foi correspondente de El Correo de Lugo e dirixiu o semanario El Cantaclaro. Pola súa actividade xornalística foi ameazado e perseguido por persoeiros monfortinos; Manuel Arias Rodríguez interpuxo contra el querela criminal por suposto delito de inxurias e calumnias en 1900,Monforte quiso ampliar en 1910 la salida de Lugo a todo el partido judicial e chegou a ser detido en maio. Posteriormente foi redactor de El Pueblo de Betanzos e El Heraldo de Galicia da Coruña. Foi nomeado oficial primeiro da Secretaría da Escola de Comercio de Palma de Mallorca en 1910.La Voz de Galicia, 27-7-1910, p. 3. Trasladouse despois a Xixón, onde foi Oficial da Secretaría da Escola de Comercio e secretario da Cámara de Comercio. Desde Xixón colaborou en La Voz de Galicia, El Eco de Santiago e El Correo Gallego.
Recoñecementos
Foille concedida a Cruz de Isabel a Católica (1897).
Vida persoal Casou con Genoveva Sotelo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1874 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos