San Xoán de Laíño é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Dodro, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 968 habitantes (474 homes e 494 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.168 habitantes. Patrimonio
O petróglifo de Bouza Abadín sitúase en Imo. A un quilómetro da igrexa de San Xoán, indo cara ás aldeas da Devesa e Teaio, está a Cruz do Abelán. Laíño na literatura popular Eu de onde estou ben vexo/ as rabizas en Teaio,/ tamén vexo os meus amores/ na arrechán de Araño Teaio é lugar da parroquia de San Xoán de Laíño, estremeira coa do Araño (Rianxo). As rabizas son as follas tenras do nabo. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 202. No texto: Teayo..
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de San Xoán de Laíño
Parroquias de Dodro
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Dodro
Categoría:Parroquias de Dodro Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán