Os citocromos b5 son hemoproteínas transportadoras de electróns moi ubicuas, que se encontran en animais, plantas, fungos e bacterias fotosintéticas púrpuras. As variantes microsómicas e mitocondriais están unidas a membrana, mentres que as de bacterias, eritrocitos e outros tecidos son hidrosolubles. A familia das proteínas similares ao citocromo b5 comprende (ademais dos propios citocromos b5) dominios de hemoproteínas asociados covalentemente con outros dominios redox no flavocitocromo citocromo b2 (L-lactato deshidroxenase (), sulfito oxidase (), nitrato redutases de plantas e fungos (, , ), e as proteínas de fusión de plantas e fungos citocromo b5/acil lípido desaturase.
Estrutura
Coñécense as estruturas tridimensionais de varios citocromos b5 e do flavocitocromo b2 de lévedos. O pregamento pertence ao tipo α+β, con dous núcleos hidrofóbicos en cada lado da folla β. O núcleo hidrofóbico máis grande constitúe o peto para a unión do hemo, pechado en cada lado por un par de hélices conectadas por un xiro. O núcleo hidrofóbico máis pequeno pode ter só un papel estrutural e está formado por segmentos N-terminais e C-terminais próximos espacialmente. Dous residuos de histidina proporcionan o quinto e o sexto ligandos do hemo, e o bordo propionato do grupo hemo sitúase na abertura da fenda onde está o hemo. Hai dous isómeros do citocromo b5, denominados formas A (maior) e B (menor), que difiren por unha rotación de 180° do hemo arredor dun eixe definido polos carbonos α- e γ-meso.
Citocromo b5 nalgunhas reaccións bioquímicas citocromo-b5 redutase NADH + H+ + 2 ferricitocromo b5 → NAD+ + 2 ferrocitocromo b5 L-ascorbato—citocromo-b5 redutase L-ascorbato + ferricitocromo b5 → monodeshidroascorbato + ferrocitocromo b5 CMP-N-acetilneuraminato monooxixenase CMP-N-acetilneuraminato + 2 ferrocitocromo b5 + O2 + 2 H+ → CMP-N-glicoloilneuraminato + 2 ferricitocromo b5 + H2O estearoíl-CoA 9-desaturase estearoíl-CoA + 2 ferrocitocromo b5 + O2 + 2 H+ → oleoíl-CoA + 2 ferricitocromo b5 + H2O linoleoíl-CoA 9-desaturase linoleoíl-CoA + 2 ferrocitocromo b5 + O2 + 2 H+ → γ-linolenoíl-CoA + 2 ferricitocromo b5 + H2O
Referencias
Véxase tamén Outros artigos Sistemas que conteñen P450 Citocromo P450 Citocromo b559
Ligazóns externas - Estrutura do citocromo b5 de rata (forma A) - Estrutura do cotocromo b5 de rata (forma B) - Estrutura de raios X do citocromo b558 de Ectothiorhodospira vacuolata OMIM 250790 - Metahemoglobinemia debido a unha debiciencia no citocromo b5.
Categoría:Citocromos