A parietariaNome vulgar galego en Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009 Parietaria officinalis é unha especie de planta de flor pertencente á familia Urticaceae. Esténdese por Europa central e meridional, Asia occidental e norte de África. É unha planta moi común que medra nas paredes de edificios abandonados, vellos e ruínas, por sito ás veces recibe o nome de herba dos murosO nome de herba dos muros adoita corresponder á especie Parietaria judaica. Tamén se coñece co nome de paleiroLeandro Carré Alvarellos (1951): Diccionario galego-castelán, Terceira Edizón, A Coruña, Roel; "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991.

Características É unha planta herbácea perenne con moitas gallas cubertas de peliños rugosos. Ten os talos de cor vermella e acada unha altura de 70 centímetros. Ten as follas de cor verde escura e son de 3 cm de longo por 1.5 cm de largo, alternas, pecioladas, ovadas e recortadas polos extremos, con peliños só polo envés. As flores son averdadas ou abrancazadas e agroman nas axilas das follas sen pedúnculos e agrupadas de cinco en cinco formando glomérulos. O froito é un aquenio negro e brillante.

Propiedades Contén principios amargos, taninos, flavonoides, oxalato cálcico e mucilaxes. Por mor á presenza de principios amargos, é unha gran depuradora do fígado.

Modo de Emprego - Infusión: Pór 1 cullerada pequena de planta por cunca. Engadir auga a ferver, deixar repousar 5-10 minutos e filtrar. - Decocción (raíz, talos): Botas a planta en auga a ferver, ferver uns 2-5 minutos, deixar repousar 5-10 minutos e filtrar, na proporción dunha culler por cunca.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Parietaria

Categoría:Parietaria Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora de Galicia Categoría:Flora da conca mediterránea Categoría:Taxons descritos por Linné