McKinley Morganfield, nado en Rolling Fork (Mississippi) o 4 de abril de 1915 e finado en Westmont (Illinois) o 30 de abril de 1983, máis coñecido como Muddy Waters, foi un cantante de blues estadounidense, considerado o pai do blues de Chicago.

A revista de música Rolling Stone situouno no posto número 17 na lista dos máis grandes artistas de tódolos tempos.

Traxectoria Waters foi gravado por primeira vez nunha plantación do delta do Mississippi por Alan Lomax para a Biblioteca do Congreso en 1940. Máis tarde, mudouse a Chicago (Illinois).

Salientou polo seu estilo de tocar a guitarra denominado slide. A súa primeira gravación para Chess Records amosaba a Waters en guitarra e vocais, apoiado por un contrabaixo. Logo engadiría percusión e a harmónica de Little Walter para completar a súa clásica formación de blues. Foron célebres as súas xiras polo Reino Unido nos anos 60.

Finou dun ataque ao corazón mentres durmía, en Westmont, Illinois, o 30 de abril de 1983, e foi soterrado no cemiterio de Restvale, en Aslip, preto de Chicago.

Influencia Muddy Waters influíu en artistas punteiros do rock como Elvis Presley, Chuck Berry, Keith Richards, Eric Clapton ou Jimi Hendrix.

Discografía

Álbums de estudio

Muddy Waters Sings Big Bill (1960) Folk Singer (1964) Brass and the Blues (1966) Electric Mud (1968) After the Rain (1969) Fathers and Sons (1969) The London Muddy Waters Sessions (1972) Can't Get No Grindin''' (1973) 'Unk' in Funk (1974) Muddy Water's Woodstock Album (1975) Hard Again (1977) I'm Ready (1978)

King Bee'' (1981)

Notas

Categoría:Nados en Mississippi Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1983 Categoría:Cantantes de Mississippi Categoría:Personalidades do blues