Estelle Louise Fletcher, nada en Birmingham (Alabama) o 22 de xullo de 1934 e finada en Montdurausse (Francia) o 23 de setembro de 2022, foi unha actriz estadounidense de cinema e televisión.
Traxectoria Filla de pais xordos, aprendeulle a falar a súa tía, que foi quen tamén a introduciu na interpretación. Tras estudar na Universidade de Carolina do Norte, marchou aos Ánxeles onde traballou de secretaria mentres asistía a clases nocturnas de interpretación.
Os seus primeiros traballos foron en series de televisión a finais do anos cincuenta, como Maverick ou Perry Mason.
En 1974 actuou no filme Thieves Like Us, de Robert Altman. O seu seguinte papel foi o da enfermeira Ratched en Alguén voou sobre o niño do cuco, co que gañou varios premios, como o Oscar á mellor actriz.
Desde entón foi alternando éxitos e fracasos, así como traballos na televisión.
Filmografía Ano Título1974Thieves Like Us1975Alguén voou sobre o niño do cuco Russian Roulette1977Exorcist II: The Heretic1978The Cheap Detective1979Natural EnemiesThe Magician of LublinThe Lady in Red1980Mama Dracula The Lucky Star1981Strange Behavior1983BrainstormStrange InvadersOvernight Sensation1984FirestarterTalk to Me1986Nobody's FoolThe Boy Who Could FlyInvaders from Mars1987Flowers in the AtticGrizzly II: The Predator1988Two Moon Junction 1989Best of the BestThe Karen Carpenter Story1990Aceiro azulShadowzone1991In A Child's Name1993–1999Star Trek: Deep Space Nine1994GiorginoTrystTollboothSomeone Else's Child1995Return to Two Moon JunctionVirtuosity1996The Stepford HusbandsEdie & PenFrankenstein and MeHigh School High2 Days in the Valley1997Breast Men The Girl Gets Moe1998Love Kills1999A Map of the WorldCruel IntentionsThe Contract2000More Dogs Than BonesVery Mean MenBig EdenSilver Man2001After ImageTouched by a KillerDial 9 for Love2002Manna from Heaven2003Finding Home2004Clipping Adam2005Aurora BorealisDancing in TwilightER2006Fat Rose and SqueakyMe and Luke2007A Dennis the Menace ChristmasThe Last Sin Eater2009Heroes2010Private Practice2011-2012Shameless
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Actores de Alabama Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Birmingham, Alabama Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Alumnos da Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill Categoría:Óscar á mellor actriz