Giulia Lanciani, nada en Roma o 16 de maio de 1935Gonçalves, Elsa (1997): "Giulia Lanciani ", Biblos – Enciclopédia Verbo das Literaturas de Língua Portuguesa, 2, Lisboa, Verbo, 1997, coll. 1342-4. e finada o 14 de novembro de 2018, foi unha filóloga, lusitanista e galicianista italiana, académica de honra da Real Academia Galega.

Traxectoria

É profesora de lingua portuguesa e de literatura portuguesa e brasileira na Universidade de Roma Tres. As súas investigacións centráronse na poesía dos trobadores galego-portugueses medievais, o teatro portugués do século XVI e a literatura de viaxes. Traduciu ao italiano dende o portugués, ademais de facer achegas tamén a partir do catalán e do galego. Foi, por exemplo, a tradutora de Os escuros soños de Clío, de Carlos Casares.

O 7 de marzo de 2014 leu o discurso "Aventuras e desventuras da transmisión manuscrita da lírica medieval galega" no acto da súa recepción como académica de honra da RAG, que foi respondido por Rosario Álvarez Blanco.

Obras Edicións Il canzoniere di Fernan Velho, L'Aquila, Japadre, 1977 Os relatos de naufrágios na literatura portoguesa dos séculos XVI e XVII, Lisbona, Instituto de Cultura Portuguesa, 1979 Gaspar Alfonso, Naufragi e peregrinazioni americane di Gaspar Alfonso, Milán, Cisalpino-Goliardico, 1984 Ruy Belo, Verde vittima del vento, L'Aquila, Japadre, 198 Carlos Casares, Gli oscuri sogni di Clio, L'Aquila, Japadre, 1989 Fernando Namora, Sandali di vento, L'Aquila, Japadre, 1989 Tempeste e naufragi sulla via delle Indie, Roma, Bulzoni, 1991 Dicionário da literatura medieval galega e portuguesa, Lisboa, Caminho, 1993 (con Giuseppe Tavani) Grammatica portoghese, Milán, LED, 1993 (con Giuseppe Tavani) Jorge Amado: ricette narrative, Roma, Bulzoni, 1994 José Saramago: il bagaglio dello scrittore, Roma, Bulzoni, 1996 Manuel Bandeira, Libertinagem; Estrela da Manhã, Madrid, ALLCA, 1998 Profilo di storia linguistica e letteraria del Portogallo: dalle origini al Seicento, Roma, Bulzoni, 1999 Inchiostro nero che danza sulla carta: antologia di poesia portoghese contemporanea, Milán, Mondadori, 2002 Vasco Graça Moura, Tra conoscenza e complice armonia, L'Aquila, Japadre, 2002 Morfologie del viaggio: l'avventura marittima portoghese, Milán, LED, 2006

Traducións De António Ribeiro Chiado, Auto das regateiras, Roma, Edizioni dell'Ateneo, 1970 Carlos de Oliveira, Officina poetica, Milán, Accademia, 1975 Carlos de Oliveira, Finisterra: paesaggio e popolamento, L'Aquila, Japadre, 1983 Pedro Tamen, Allegria del silenzio, L'Aquila, Japadre, 1984 (con Ettore Finazzi Agro) Sophia de Mello Breyner, Il sole il muro il mare, L'Aquila, Japadre, 1987 Salvador Espriu, Cristallo di parole, L'Aquila, Japadre, 1989 Carlos Casares, Gli oscuri sogni di Clio, L'Aquila, Japadre, 1989 José Saramago, La seconda vita di Francesco d'Assisi, Milán, Ricordi, 1991 Jorge Amado, Il ragazzo di Bahia, Milán, Garzanti, 1992 José Saramago, Il perfetto viaggio, Milán, Bompiani, 1994 José Saramago, Teatro, Torino, Einaudi, 1997 (con Rita Desti) João Guimarães Rosa, Il che delle cose, Roma, Bulzoni, 2000 Teresa Rita Lopes, A fior di parola, L'Aquila, Japadre, 2000 João Guimarães Rosa, La terza sponda del fiume, Milán, Mondadori, 2003 Carlos Drummond de Andrade, Quando è giorno di partita, Roma, Cavallo di Ferro, 2005 José Luís Peixoto, Questa terra ora crudele, Roma, La Nuova Frontiera, 2005 José Saramago, Di questo mondo e degli altri, Torino, Einaudi, 2006 José Saramago, Il quaderno: testi scritti per il blog, settembre 2008-marzo 2009, Torino, Bollati Boringhieri, 2009 José Saramago, La seconda vita di Francesco d'Assisi e altre opere teatrali, Milán, Feltrinelli, 2011 (con Rita Desti)

Premios En 2003 recibiu o Premio Nacional de Italia de Tradución pola súa traxectoria como tradutora.

En 2011 recibiu o título de Grande Oficial da Orde do Infante Don Henrique (orde portuguesa). En 2014 foi nomeada académica de honra da Real Academia Galega.

Foi doutora honoris causa polas universidades Nova e Clásica de Lisboa.

Notas

Categoría:Tradutores ao italiano Categoría:Galicianistas Categoría:Tradutores do galego Categoría:Tradutores do portugués Categoría:Tradutores do catalán Categoría:Tradutores de Italia Categoría:Membros de honra da Real Academia Galega Categoría:Nados en Roma Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 2018 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes